Moi boas familias!!!
Seguimos coa
prehistoria, hoxe vimos un vídeo sobre o tema no que aprendemos diferentes
aspectos sobre o paleolítico e tamén cantamos a canción do troglodita.
Este é o enlace para
que a cantedes cos peques, a canción ten un erro, xa que na prehistoria non
había dinosauros, pero bueno, isto axuda a espertar o seu sentido crítico e non
crer todo o que ven ou escoitan.
Por outro lado
amosarvos as novas aportacións destes pequerrechos!!!
Álvaro: trouxo o conto de Croniñón que xa limos hoxe e que nos gustou moito.
Antía: trouxo
fotocopias con información sobre a prehistoria e novos debuxos para os seus
compañeiros.María Liu: trouxo ao neno troglodita, chamámoslle Nino, mañá prometo poñer a foto porque acabo de caer na conta de que me esquecín completamente. Podedes ver a Nino pegadiño a Titi, detrás de Álvaro.
Que chula e a canción do troglodita,jajaja...Con respecto o libro que levou Alvaro,en honor a verdade,foi Nuria,a nai de Maria quen me dou a idea,despois buscando por internet fun pedir libros a librería,e por descarte elexin ese xa que os outros ou ben xa os levaran outros nenos, ou eran para idades mais avanzadas,tamen esta o de Croniñona,pero ainda non está dispoñible.En fin alegrome moito que lle gustara a tod@s.
ResponderEliminarMoi boa idea o de facerlle a Titi un amigo e os debuxos de Antia ben seguro o pasaron mi ben pintandoos.¡NORABOA A TODOS!
Gracias por la canción. Por que yo de lo de "Troglo, troglo, troglodita soy" no pasaba jaja. Por eso me preguntó Noa si en la Prehistoria existían los dinosaurios
ResponderEliminarOla!! que canción máis chula!! claro que a cantaremos na casa.
ResponderEliminarMaría José estiven vendo as ilustracións do libro "Croniñona" e son preciosas.
Tamén vin dous libro que teñen moi boa pinta, "En la edad de piedra" e "Oscar y Arabella", unha historia de dous mamuts moi divertidos.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarEncantame a canción!! Ainda que o estribillo xa o sabía! Jijiji, Carlos non para d cantalo!
ResponderEliminarHoxe puxenlla para cantala e díxome que a canción decia unha mentira, jajjaja!!