Moi boas familia!!!
Empezamos o proxecto da Prehistoria coa explicación da
orixe de todo, coa teoría do Big Bang, a raíz da cal, naceron as estrelas,
planetas, galaxias…
Este tema resulta moi difícil de explicar e moi difícil
de entender porque é un aspecto moi abstracto.
A teoría actual mais aceptada define o Big Bang como o
instante no que unha bola chea de enerxía estalou converténdose en materia e
expandíndose a toda velocidade.
Como para nós, que somos cativiños, isto aínda nos queda
moi grande, adaptamos un pouco a historia introducindo aspectos que os nenos
coñecen e que lles quedan mais preto do seu entendemento.
No noso caso, dous meteoritos chocaron a gran velocidade
producindo unha gran explosión e dando lugar a miles de partículas que se foron
xuntando creando o que hoxe coñecemos como universo. Non está tan lonxe da
verdade non?
A continuación amosámosvos as fotos e os vídeos do proceso:
Da prehistoria xa temos cousiñas mais que interesantes
para amosarvos: algúns compañeiros xa trouxeron libros para ver e ollar por
eles mesmos e María, coa axuda dos seus pais, fixo colares con cunchas e ósos e
unha boneca á que chamamos Titi. Moitas grazas a todos e seguimos esperando as
vosas cousiñas con moita ilusión!!!
A Boneca e os colares son obra de María Liu, a súa nai e o seu pai. A que están fantásticos?
Cantas cousas estamos a aprender!! iso que a min a Prehistoria nunca foi o meu forte pero teño que recoñecer que me estou enganchando!!
ResponderEliminarNós tamén temos algunha cousiña máis, estamos a facer un amiguito para Titi e un sitio para resgardarse do frío jajaja!!!
As lanzas de Álvaro alucinantes!! Vexo que o avó tamén está a axudar a facer os traballos! Igual pásanos a nós, cos bonecos axúdanos a madriña de María, ao final toda a familia traballando!!
Así me gusta, todos a participar e a aprender. A profe tamén aprende cada día, por iso os proxectos son tan especiais; todos aprendemos e todos participamos. Bicos e grazas por todo.
ResponderEliminarOOOla! Cantas cousas da Prehistoria!!! Estes cativiños estarán encantados!
ResponderEliminarA verdade é que está xenial. María Liu ademáis de involucrar a seus pais... tamén o fixo con máis xente da súa familia jeje. O seu primo tamén estivo buscando e buscando entre as súas cousas a ver que podía deixarlle... e... algo atopou, tamén colaborou en algunha cousiña...
Estamos encantados de poder axudar e compartir esta experiencia con María Liu.
Graciñas;)
Ola Mónica!!!
EliminarSupoño que eres a nai de Anxo, que saibas que xa case o coñecemos porque nos fala moito del.
Alégrome moito de que todos participedes e encima con ilusión, éncheme de orgullo e aos peques nin te imaxinas, porque ver as súas caras é toda una delicia.
Gracias polo teu comentario. Bicos prehistóricos.