fondo

martes, 13 de enero de 2015

Protagonista da semana:AINHOA

Despois das vacacións, volvemos retomar o proxecto que tanto nos gusta e esta semana tócalle a Ainhoa.
A pesar de que está bastante pachucha, está a disfrutar moito...nas fotos podedes comprobalo(jaja).
Hoxe recibiu a sorpresa de que mamá e avoa viñeron facer una visita...e que ben o pasamos todos facendo de cociñeiros/as.Fixemos o noso propio pan e quedounos apetitoso!!!
A disfrutar do que che queda de semana Ainhoa.


Aquí temos o vídeo de Ainhoa. Espero que vos guste.

jueves, 8 de enero de 2015

Cumpreanos Dani e Adrián Remuiñán

Isto é comezar ben o trimestre!!!Primeiro día e xa con celebracións...Así o comezo faise máis ameno, aínda que penso que xa tiñan ganas de volver porque estiveron todos moi contentos e portáronse de marabilla.

lunes, 5 de enero de 2015

Baturrillo de 5 anos!!!!





Boas familia!!
Despois duns días descanso, volvo á carga, coas pilas ben cargadas!!! 
Os últimos días andabamos algo atarefadas e foron moitos os acontecementos que quedaron no tinteiro. Tomade asento, collede mantiña e a gozar co que fixeron os vosos peques!!!



Empezamos polos Robots!!!

Aquel proxecto que planeabamos facer, ao final quedou en nada. O profe Tucho non quixo deixarnos coa mel nos beizos e montou uns robots cos alumnos e alumnas de secundaria que amablemente nos deixou probar. Pasámolo moi ben!!! Grazas profe Tucho!!!








A compañía Baobab, veu a presentarnos bailando con contos. Estivo bastante entretido, pero gustounos mais “Martes”



Coma tódolos anos, gústanos ser solidarios, e grazas a vós, esta actividade sempre resulta un gran éxito. Moitas grazas por todo o que colaborastes con esta causa!!!





Esta visita nunca defrauda!!!
Canto aprendemos, que ben o pasamos e que ben nos tratan sempre!!!
A verdade é que esta xente, ten un equipo fantástico que adora o seu traballo e demóstrao con un cariño inmenso.
Mil grazas por todo a toda a xente da Roiser!!!!






Este é un instrumento de orixe xaponés, chámase Kamishibai ou teatro de papel. Os nenos gozaron tanto escoitando coma min contándoo.




Achegámonos ao final. É o momento da ilusión depositada nunha carta. Que nervios por escribila ben, que o debuxo estivese ben feito… en fin, que vos vou contar que non saibades. Ogallá esta ilusión non desapareza nunca dos seus ollos.






Como colofón, a gran festa, o día esperado, o día dos nervios…
Saímos todos tan contentos!!!



E despois disto só dicirvos que espero que pasarades unhas boas festas e que recargarades pilas que boa falta nos vai facer!!

Boa volta familias!!!