fondo

lunes, 23 de marzo de 2015

Festa dos farois


Damos por finalizado o ano novo chino coa celebración da festa dos farois. Este día miles de lanternas colgan das casas e negocios ao longo das rúas, preparando o escenario para os desfiles e espectáculos que dan fin ás celebracións.

Gran cantidade de pallasos, acróbatas, desfiles, música e tambores e por suposto, as danzas do león,  desfiles do dragón e os fogos artificiais enchen as rúas.
Os nenos levas as súas lanternas por toda a cidade e as familias reúnense para comer as tradicionais boliñas de arroz doce.

No Pichel quixemos sentirnos en China e fixemos un amago de reprodución de dita festividade. Espero que vos guste. Nós pasámolo en grande e acabamos….. CANSADÍSIMOS  pero mereceu a pena tanto traballo.

 Ollade os vídeos da festa!!!!








Cántas cousiñas aportaron as familias ao noso proxecto!

O primeiro paso e o máis importante para poder levar a cabo o proxecto de China na aula son as aportacións que fan as familias sobre a temática de China.
 E a verdade é que teño que darvos, unha vez máis, as grazas pola vosa implicación. Trouxéchedes moitas cousas e non sabedes o contentos e satisfeitos que están os nenos/as cando veñen a aula con algo de China e poden contarlle aos seus compañeiros/as o que trouxeron. Cánto disfrutan vendo a atención que lles prestan os demais.
MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!!













miércoles, 18 de marzo de 2015

Martiño cumple 4 anos!!!

Parabéns Martiño!!!
Cómo nos gustou esta tarta mamá...ademais de estar boísima, pareceunos moi orixinal!
Moitas grazas e moitas felicidades ao cumpreañeiro.

Protagonista da semana:LUCÍA

Antes de nada, pedir disculpas polo retraso, pero esta semana foi moi curta e con moito traballo, pero nunca é tarde...asique ahí vos deixo a foto da protagonista, que está moi contenta de selo e moi impaciente por saber cando vai vir mamá, e os demais nenos/as tamén.
Agora toca disfrutar destes días de descanso e o luns volveremos retomar o protagonismo de Luci!!!
Un bikiño moi grande.

Onte a mamá de Lucía veu a visitarnos e trouxo algo que nos encantou...un cactus e unha PLANTA CARNÍVORA!!! Deixovos un vídeo para que vexades o noso intento de darlle formigas para comer, que ao final resultou fallido...non fomos capaz de conseguilo...



Aquí tes o teu vídeo Luci...disfruta moito del:

domingo, 15 de marzo de 2015

Proxecto china


        - Estes días díxenvos que estabamos a traballar moi duro nunha gran sorpresa… pois vamos a amosárvola. 
Cada neno de infantil fixo un pratiño que configura o tronco do noso gran dragón e que imos facer bailar este mércores. 
O mércores será o día no que imos a festexar a festa dos farois.  Faremos unha comida que previamente prepararemos nun taller de cociña, comeremos o pan chino que algún de vos trouxestes e algunha cousiña mais. Despois da comida sacaremos os farois e o dragón e faremos un pequeno baile. Só nos faltan os petardos para crer que estamos na gran China. Jajajajaja!!!!! 
A continuación amósovos o dragón e tamén o noso pasillo que está quedando espectacular. Só lle falta a muralla china, pero adiántovos que xa está no forno. En próximas entregas iremos de paseo por este gran monumento. 



Proxecto china en 5 anos: Bonsais


     - Este mércores tivemos unha gran sorpresa, o profe Suso veu a amosarnos un dos seus hobbies, os BONSAIS, a árbore mais famosa de China.
Suso ensinounos diferentes tipos de bonsais, como temos que regalos, coidalos e podalos ou picalos. Déixovos vídeo e fotos de todo o traballo que fixo este gran mestre.









Pero a cousa non acabou aquí, agora temos que poñer en práctica todo o aprendido xa que Suso nos regalou un bosai que ten os mesmos anos que os peques. Que ilusión nos fixo!!!! 

Grazas profe Suso



Proxecto china 5 anos




       - Unha semana mais seguimos con aportacións e cos pequenos logros destes fantásticos cativiños. 
Ángela e Carla: Ángela atopou unha fotografía dunha rúa da China, nun xornal e Carla fixo un debuxo dunha chiniña ben fermosa. 


María: trouxo adornos preciosos para o pelo, unha culler do ano da cabra e un set, impresionante, de porcelana china para tomar o té. 



Tamén estivo traballando moi duro para facer este fantástico libro no que explica moi be e exemplifica como se deben coller os palillos chinos e como se debe comer en china. Moi interesante. Tanto, que xa  o puxemos en práctica e non nos saíu de todo mal. Jajajjaja!!!!