- Unha semana mais seguimos con aportacións e cos pequenos logros destes fantásticos cativiños.
Ángela e Carla: Ángela atopou unha fotografía dunha rúa da China, nun xornal e Carla fixo un debuxo dunha chiniña ben fermosa.
María: trouxo adornos preciosos para o pelo, unha culler do ano da cabra e un set, impresionante, de porcelana china para tomar o té.
Tamén estivo traballando moi duro para facer este fantástico libro no que explica moi be e exemplifica como se deben coller os palillos chinos e como se debe comer en china. Moi interesante. Tanto, que xa o puxemos en práctica e non nos saíu de todo mal. Jajajjaja!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario