Ni hao!!
Seguimos coas aportacións. A verdade é que este proxecto non
sería o mesmo se non estivésedes aí animando e aportando tantas cousiñas. Mil
grazas.
Nesta ocasión temos a Carla que nos fixo un fermoso debuxo,
María que trouxo un simpático oso panda todo elegante e finalmente Noa que
aportou un iogur chino. Jajajaja!!!
Dá gusto ver a cariña de felicidade que teñen ao ensinar as cousas que levan, aínda que nesta foto María saíu moi seria.
ResponderEliminar