fondo

martes, 24 de noviembre de 2015

A ALEGRÍA (4 ANOS)


Ao longo deste mes estivemos traballando a emoción da alegría, a través do monstro amarelo. Desta vez, o monstro deixounos na caixa moitos contos: contos da familia, da granxa e tamén algúns de creatividade, xa que o monstro con estas cousas síntese moi alegre. 

Os nenos/as aportaron moitas cousas da granxa, é unha temática coa que disfrutan moito.

ADRIÁN RO. :  uns puzzles dos animais da granxa, un mural das distintas codornices (aprendimos que hai codornices chinas, que teñen os ovos máis pequeniños; e codornices xaponesas, que os ovos son un poueuiño máis grandes) e trouxo mostras dos ovos. Os marróns e pequeniños son da codorniz china, os de manchas son da codorniz xaponesa e os de cor carne son de galiña. Xa que nos trouxo estes ovos, aproveitamos para meter ovos de codorniz na incubadora que nos deixou o avó de Dani C.

DANI C.:  unha granxa con moitos animais, unha cesta de outono con productos da granxa, uns puzzles, contos, uns ovos para ver que deles nacen os pitiños e plumas de distintas aves ( faisáns, pavos reais...).


DANI E ADRIÁN RE.:  moitos contos: de tractores, de animais da granxa, da vaca...Cántas cousas imos aprender!


UXÍA:  moitos animais, pero non todos eran da granxa, polo que estivemos adiviñando cáles vivían na granxa e cales non.


MARTIÑO:  puzzles, contos, unha ensiladora, un xogo de memoria e unha granxa que fixo coa axuda da súa mamá. Cánto traballaron!!!


ELENA: contos de animais.


AINHOA: máis contos. Un deles encantounos, porque é un conto de sons, onde escoitamos as onomatopeias dos animais que viven na granxa. Adiviñámolos todos!!!


E máis contos...





MATEO C: un encaixable da granxa e MARTINA unha abella, que fan o mel.




Outras das aportacións que fixeron, foi a elaboración da cartulina da alegría...qué fermosas quedaron! Cántas situacións de alegría atopamos.
Adrián séntese alegre cando está coa súa familia; Alonso, cando vai ao parque, á praia, ao cole...; e Noemy cando axuda aos seus avós a darlle de comer ós animais que teñen.


Ainhoa estaba moi contenta cando foi a comunión de Laura ( nótase, non si?); Pablo, cando vai ao parque, no seu cumpreanos, cando come xeados...; e Adrián Ro. , cando anda en bici, xoga ao fútbol, trablla co seu pai na panadaría e cando a súa nai lle le un conto.

Dani C. síntese feliz cando vais de excursións, cando se disfraza e na piscina; e a Brenda encántalle estar alegre, xa desde pequeniña amosaba un gran sorriso.

Adrián Pais, está alegre coas cousas da granxa, ao igual que Mateo C., que lle apasionan os animais; e Mateo P., cando anda na bici, cando xoga ao fútbol, cando aprende as letras e os números...

Gael, está moi contento cando vai de viaxe, cando lle pintan a cara, cando anda en bici e cos dinosaurios; e Carla sinte alegría con moitas cousas, cando naceu a súa irmá Marta, na piscina, no parque, cando vai de viaxe, no cole, cando Peliños vai a súa casa...





lunes, 23 de noviembre de 2015

Novas aportacións en 3 anos



Boas familia!!!!
Temos novas achegas a esta emoción que xa remata este venres. A alegría marcha e o luns daremos paso a outra, a tristeza.
Pero aínda nos queda unha semana para seguir disfrutando de esta emoción tan fermosa.
Estas son as novas cousiñas que se achegaron a semana pasada e tamén hoxe.

Mil grazas de corazón por todo o voso esforzo.






Degustación de outono

O venres os vosos nen@s chegaron á casa ca merenda intacta, case todos, xa que algúns despois da zampada de outono quixeron tomar o aperitivo que trouxeran. Eu non sei onde meten o que comen!
Aproveitando que estamos en esta estación tan rica no que se refire á aportación de alimentos, celebramos unha degustación de productos de outono que resultou ser todo un éxito. Bueno, a chirimoya moito, moito non tivo. jajajajaj!!!!
Ollade todo o que comemos!!!


Maxia e contos

A semana pasada tivemos o gran placer de asistir á biblioteca do centro para ver un espectáculo ofertado polo concello. Tratábase dun espectáculo de maxia e contos que nos encantou a todos. Aquí vos deixo o vídeo para que vexades o ben que o pasamos.


MAGOSTO EN 4 ANOS

Deixovos o vídeo da festa do Magosto...foi un día moi divertido...qué ben o pasamos!


jueves, 19 de noviembre de 2015

A ALEGRÍA...EN 4 ANOS.



Comezamos este mes a descubrir unha nova emoción: A ALEGRÍA. 

Popeta, a carteira máxica, volveu deixarnos unha carta do monstro de cores, pero esta vez xa non é o monstro confundido, porque agora xa non está de moitas cores, agora é de cor amarela. O monstro non sabe o que lle pasa, polo que nos pide axuda unha vez máis e temos que facer de novo de detectives.
Volvemos coller a tablet e con ela lemos o código QR de cor amarela.



dseta volta volveu a aparecer Rogelio no vídeo pero esta vez presentounos a curmán do monstro de cores, a Pepita...escoitade!



Como somos moi obedientes, fomos en busca da caixa máxica...esta vez atopouna Carla e mirade as cousas que atopamos dentro!


A ver se todas cousas que atopamos son o que nos parecía!!!Irémolo descubrindo nos próximos días.





martes, 17 de noviembre de 2015

REMIX en 3 anos: incubación, magosto, aportacións...


      - Esta semana que non estiven, houbo moitas cousas, pero moitas!!. Por todo isto pensei que mellor era facer un remix de todo.
Tendes para un cachiño así que poñédevos cómod@s!!!

     - Empezamos por amosar todas as aportacións. MIL GRAZAS, MAMIS E PAPIS!!! 





- Hoxe chegaron estas de Fernando e Lois. Moi ben peques, que interesante todo o que trouxestes!.


Celebramos o magosto!!!



Mónica, a nai de Dani Canedo veu a explicarnos como nacen os pitiños e prestounos unha incubadora para que nos o poidamos ver in situ. Esperemos desvelar así a confusión de Elva e que deixe de romper ovos para encontrar poliños. Jajajaja!!!!


Tamén nos emprestou dous coelliños FERMOSOS  que imos a coidar para ver se están ben e comprobar se teñen auga, comida… ímonos volver uns granxeiros último modelo.


MIL GRAZAS MÓNICA POLA TÚA IMPLICACIÓN