fondo

viernes, 28 de octubre de 2016

Un aperitivo de fotos de Samaín...

Deixovos algunha foto da celebración que fixemos hoxe no cole do Samaín.Teño moitas fotos,polo que vou a preparar un vídeo con todas elas.Pero como sei que hai xente con moitas ganas de velas deixovos un pequeno aperitivo.
Grazas mamis pola vosa colaboración...por certo,víñades terroríficas...aos nenos/as encantoulles vervos así!

Feliz cumpreanos Manuel!!!

O pasado xoves o noso amigo Manuel cumpriu 4 anos. Trouxo un bizcoito ENORME!!!
Moitas felicidades Manuel!!!

viernes, 21 de octubre de 2016

Parabéns Fernando!!!

Esta semana na clase de 4 anos estivemos de festa!!! O xoves Fernando cumpriu 4 anos. 

PARABÉNS FERNANDO!!!


jueves, 13 de octubre de 2016

Entramosno outono...

Xa fixemos cambio de estación e na clase comezamos a facer a decoración do cole.comezamos a facer un mural para ambientar o noso pasillo e este ano innovamos unha técnica plástica q nos encantou...normalmente pintamos coas mans,pois esta vez fixémolo cos pés!!!Que divertido!!!Aínda non o rematamos,pero xa vai collendo forma.
No noso mural puxemos unha parra de uvas,agora fáltannos as uvas...Pronto ensinarémosvos o resultado.

lunes, 26 de septiembre de 2016

Cumpreanos de Adri Ro.

Hoxe celebramos o primeiro cumpreanos do curso...Adri xa ten 5 anos! Felicidades de todos os compañeiros e da túa profe.Biquiños!!!

sábado, 24 de septiembre de 2016

Festa da pataca en 4 anos

Un ano máis presentamos o noso traballo á festa da pataca.Como todos os anos traballamos moito ao longo de toda a semana,aínda que nesta ocasión non gañamos o premio.Pero non pasa nada,é inha aprendizaxe máis para os pequenos e non quere decir que a participación,implique gañar un premio,uns anos toca e outros non.Moitos nenos/as chegaron o luns a clase un pouco tristóns dicindo:"profe,este ano non gañamos o premio",pero a profe explicoulles que o importante era participar e,como xa son tan maiores,pronto o entenderon.
Pois despois deste primeiro traballo seguiremos informándovos de todas as cousas que se fagan ao longo do curso.
Comeza un curso máis e un dos máis importantes,xa que é o último da etapa de infantil para os vosos pequenos. Benvidos papis e mamis e xa sabedes...a participar moito no proxecto e por suposto,no blog...xa que ao final,este medio aliméntase dos vosos comentarios.

viernes, 9 de septiembre de 2016

DESPEGAMOS!!!

     Nunhas horas comeza un novo curso escolar, no colexio hai alguén agardándovos, queredes coñecelo?





     Estas son as portas que o luns se abrirán de par en par para recibirvos: