fondo

martes, 5 de marzo de 2013


Moi boas familias!

Presentámosvos unha nova sección na que ides podes corroborar a grandilocuencia dos vos@s fill@s. Esperamos que vos guste.

Cousas de Cativos:
Ángela(3 anos):
Iamos xantar e díxenlles: “hoxe para comer tedes cremita de primeiro e pescado de segundo”.
Ángela toda chea de razón dime, “Profe, la cremita se pone en la cara”
Noa (3 anos):
Cando acabamos de facer as rutinas diarias (e a pesares de que lles digo que non se corre na clase) van ao tropel para as mesas a ver quén chega o primeiro. Tiven unha charla con eles e díxenlles:“ O importante non é gañar e non imos volver a dicir esa palabra.  Nos xogos e na vida o importante é participar e non gañar”. Noa que interiorizou moi ben todo isto, chega á mesa e dÍ: “profe, participé con Nuria” . Si traducimos isto, quere dicir, profe, gané con Nuria e dicir gañamos.
Samuel (3 anos):
Estabamos vendo as fotos das nais traballadoras, ao rematar díxenlles:  “eu tamén teño unha profesión, son a vosa mestra”. Todos asentiron, pero logo díxenlles “vos tamén tendes unha profesión” ninguén contestaba así que lles din unha pista, “vos sodes es………” e Samuel nin corto nin perezoso dí: “ESTÚPIDOS”.Non Samuel non, ESTUDIANTES”. Jajajajjaja.



5 comentarios:

  1. Que buenos todos,pero o de Noa e super ocurrente.Seguen a dicir o mesmo,so cambian a palabra.A verdade e que ten que ser unha aventura,Se Alvaro saca unha das suas a min deixame con cara de parva e sen saaber moitas veces que dicir,¡¡¡¡¡Como sera o tema multiplicado por trece!!!

    ResponderEliminar
  2. Esta seccion pode dar mooooito de si, jajjaja!!
    Moi boa idea! Vai ser moi divertido ver as ocurrencias dos peques!
    Con respecto o de ganar, Carlos esta sempre con eso, eu digolle que o importante e participar, non ganar, e de seguido preguntolle: "a ver Carlos, que e o mais importante?" e el responde: "paticipa...peo a mi guta gana", sabe a teoria, pero a practica...eso ainda non o conseguin.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. jajajjajajj e que Carlos é un fenómeno. jajajajja. Ten razón a teoría non sempre responde ao que nos queremos. jajajjaj.

      Eliminar
  3. Que tendrá eso de ganar...Noa quiere ganar siempre, cómo será con 13 con la misma idea

    ResponderEliminar
  4. Xenial idea!! estás en todo profe, non deixarás nunca de sorprendernos!!
    Todas as ocorrencias moi boas!!! a esta idade todos queren gañar, ser os campións!!! pero o que dixo Samuel fíxome rir moito, jajajaa!!!

    ResponderEliminar