fondo

jueves, 30 de enero de 2014

A prehistoria en 4 anos


Moi boas familias!!!

Seguimos coa prehistoria, hoxe non tivemos moito tempo, xa que a PAZ foi o prato principal.
Aínda con todo, tivemos tempo de facer unha fichiña e por suposto de recibir novas aportacións. Neste caso amósovos a :

Nuria:  que posa coa súa cabana xa que antes estivo maliña e non puido.  Tamén aporta un novo conto á nosa biblioteca prehistórica. Qué ben!!!

ÁLvaro: que  xa ten o  “full equipped”, armas, anzois e vestimenta para a ocasión. Todos pecharon os ollos para recibir a Álvaro  e cando os abriron alucinaron ao velo con esas vestimentas. Acto seguido, todos querían tocalo, poñer o traxe... vamos, un non parar!!! jajajaj!!!!
 
 

 

 

A paz en 4 anos


Moi boas familia!!!

Hoxe, día 30 de xaneiro, celebramos un día que debe estar sempre presente nos nosos comportamentos. Festexamos o día da paz.

No Pichel, non paramos. Empezamos colaborando nun mural no que os alumnos maiores debían buscar palabras referentes á paz e outras que simbolizan todo o contrario. Os pequechos limos esas palabras e pegamos, xunto co resto do alumnado do centro, as nosas fotos no símbolo da paz.

Mais tarde asistimos á lectura dun conto por parte dos alumnos de 3º de primaria e logo, todos xuntos, acudimos ao pavillón para cantar a canción da paz, escoitar outro conto, neste caso referido ao gran Mandela e finalmente todo o colexio, xuntámonos para formar cos nosos corpos o símbolo da paz.

Resúmovos todo isto no seguinte vídeo. Espero que o disfrutedes tanto coma nós.

 
 
 

miércoles, 29 de enero de 2014

A prehistoria en 4 anos

Moi  boas familias!!!

Unha xornada mais, seguimos traballando neste tema que nos apaixona. Hoxe fixemos un debuxo sobre o que xa saben sobre a prehistoria. Este debuxo volveremos a repetilo ao rematar o proxecto para observar os cambios que se produciron no seu coñecemento dende que empezamos ata o remate desta experiencia.  Tamén coloreamos os debuxos que onte trouxo Antía.
Co  profe Suso ordenaron, nunha liña do tempo, o acaecido dende o big bang ata a aparición dos primates. Primeiro escribiron os nomes correspondestes e logo asignáronnos a cada espazo de tempo.


 
Por outra banda, hoxe quero amosarvos o que trouxo María Liu, con vídeo explicativo incluído. Toda unha sorpresa para os peques!!!
 
 Ollos tapados para ver o que trae María Liu!!





 
Agora imos ver como o contou ela!!!!
 
 
 
 
 

martes, 28 de enero de 2014

A prehistoria en 4 anos

 
Moi boas familias!!!
 
 
 
Seguimos coa prehistoria, hoxe vimos un vídeo sobre o tema no que aprendemos diferentes aspectos sobre o paleolítico e tamén cantamos a canción do troglodita.
Este é o enlace para que a cantedes cos peques, a canción ten un erro, xa que na prehistoria non había dinosauros, pero bueno, isto axuda a espertar o seu sentido crítico e non crer todo o que ven ou escoitan.
 
 
 
Por outro lado amosarvos as novas aportacións destes pequerrechos!!!

Álvaro: trouxo o conto de Croniñón que xa limos hoxe e que nos gustou moito.
Antía: trouxo fotocopias con información sobre a prehistoria e novos debuxos para os seus compañeiros.

María Liu: trouxo ao neno troglodita, chamámoslle Nino, mañá prometo poñer a foto porque acabo de caer na conta de que me esquecín completamente. Podedes ver a Nino  pegadiño a Titi, detrás de Álvaro.




 


lunes, 27 de enero de 2014

A prehistoria en 4 anos

 
Moi boas familias!!!

Creo que vou empezar a dicir SUPER FAMILIAS porque non deixades de sorprenderme. Madre mía que cantidade de cousas!!! Hoxe ata viñeron a buscarme materiais para amosarllos aos alumnos maiores. Un orgullo vamos!!!

Nós esta semana, vamos a prepararlles unha liña do tempo dende o big bang ata o comezo da prehistoria (para que eles mesmos a ordenen) e logo xa empezamos co paleolítico.  

Hoxe, para non variar, amósovos mais cousiñas feitas por vós e os vosos peques!!!

Carol: tamén trouxo ferramenta para cazar, tirachinas e dúas machetas. As machetas veñen afiadas á pedra!!! Non mo podía crer!!! Qué profesionais!!!

Álvaro: trouxo utensilios para a pesca, neste caso anzois. Vamos que si pasamos fame é porque queremos!!! Jajajajaj!!!!!!                       

Noa: fixo un mural no que nos explica como se traballa a pel dos animais para utilizala á hora de facer a vestimenta. Tamén trouxo anacos de pel(AUTÉNTICA) para que os seus amigos a tocasen e a cheirasen.

Nuria: aínda que está enfermiña, quixo facer a súa aportación e a mamá trouxo unha cabana feita con ramas e co lume á porta. Para entrar a vivir nela, do ben feitiña que está!!! Recupérate axiña pequecha!!!







sábado, 25 de enero de 2014

A Prehistoria en 4 anos

 
 
Moi boas familias!!!

 
 
Seguimos coa prehistoria en 4 anos esta semana tocou o big bang e a evolución ata a aparición do home (todo por encima porque o tema que nos atañe é a prehistoria. Quixemos que os nen@s descubriran e entenderan todo dende o principio e por iso o fixemos así) . O luns xa nos metemos de cheo coa prehistoria.

Nesta ocasión volvo a amosarvos novos materiais achegados polos peques:

Uxía: trouxo unha macheta e unha lanza moi, moi reais.

Álvaro: trouxo unha macheta enormeeeee!!!, que lle axudou a facer o seu avó.

Nuria: trouxo unha pintura rupestre.

Seguro que estes cativiños trouxeron mais cousas, pero como a profe estivo enferma, ata luns non as veremos. De novo agradecervos a vosa colaboración.





Ata o momento o noso recuncho da prehistoria vai así…

martes, 21 de enero de 2014

Prehistoria 4 anos


Moi  boas familia!!!

Seguimos coa prehistoria a voltas. Neste caso quero amosarvos o punto de partida deste proxecto e de todo proxecto que se prece.

Antes de empezar a traballar en calquera tema debemos empezar polo qué saben os nen@s sobre o tema e o que queren saber.
Isto foi o que resultou da charla que tivemos!!!!!

 
 
Hoxe tivemos novas aportacións ao proxecto.
  • Uxía trouxo un conto e un debuxo da prehistoria para cada compañeiro, que por suposto, pintamos inmediatamente.
  •  Álvaro aportou lanzas, arco, frecha así que xa estamos preparados para saír de caza. Menudo traballo mais ben feito!!!!
  •  


     

 

lunes, 20 de enero de 2014

Prehistoria 4 anos


 
Moi boas familia!!!
Empezamos o proxecto da Prehistoria coa explicación da orixe de todo, coa teoría do Big Bang, a raíz da cal, naceron as estrelas, planetas, galaxias…

Este tema resulta moi difícil de explicar e moi difícil de entender porque é un aspecto moi abstracto.

A teoría actual mais aceptada define o Big Bang como o instante no que unha bola chea de enerxía estalou converténdose en materia e expandíndose a toda velocidade.

Como para nós, que somos cativiños, isto aínda nos queda moi grande, adaptamos un pouco a historia introducindo aspectos que os nenos coñecen e que lles quedan mais preto do seu entendemento.

No noso caso, dous meteoritos chocaron a gran velocidade producindo unha gran explosión e dando lugar a miles de partículas que se foron xuntando creando o que hoxe coñecemos como universo. Non está tan lonxe da verdade non?

A continuación amosámosvos  as fotos e os vídeos do proceso:
 
 
















 
 

Da prehistoria xa temos cousiñas mais que interesantes para amosarvos: algúns compañeiros xa trouxeron libros para ver e ollar por eles mesmos e María, coa axuda dos seus pais, fixo colares con cunchas e ósos e unha boneca á que chamamos Titi. Moitas grazas a todos e seguimos esperando as vosas cousiñas con moita ilusión!!!
 


 
A Boneca e os colares son obra de María Liu, a súa nai e o seu pai. A que están fantásticos?