Neste proxecto da prehistoria, non podiamos
pasar por alto a arte. A través da arte descubrimos non só como eran as formas
de vida daquel entón, tamén como era a
sociedade, a cultura, a alimentación, os descubrimentos... xa que nos
seus debuxos plasmaban como era a súa
realidade.
Este é un aspecto que apaixona aos cativos, e
por este motivo decidimos afrontalo como verdadeiros artistas. Deixamos de lado algúns instrumentos típicos de escola e compramos materiais que usan os pintores
profesionais. Entre estes materiais, que vos aconsellaría que probásedes cos
vosos peques, destacamos:
• Papel de esbozo
• Lápices
acuarelables
• Lápices pastel
• Carboncillo
. Pinceis de pelo de marta
• Difuminadores
Empezamos pola etapa
de investigación:
1. Buscar en
internet o que aparece na obra, neste caso un bisonte. Tecleamos a palabra
bisonte.
2. En imaxes
buscamos o debuxo desexado
3.Accedemos a
páxina que nos enlaza o debuxo e intentamos (coa miña axuda) descifrar de que
se trata, que representa, onde se atopa e a que etapa da prehistoria pertenece.
4. Nunha
ficha ubicámola no mapa de España.
5.Cubrimos a ficha de información.
6.Coloreamos
a etapa prehistórica á que pertenece.
Feito todo isto facemos a nosa propia obra de arte a partires da orixinal que está fotocopiada no papel de esbozo.
Despois deste
primeiro intento continuamos coa obra "Arqueiros", do Neolítico, tal e
como indica o uso de arcos. Esta obra está en Castellón e fixémola con
subraiadores e lápices pastel difuminados cos dedos ou con difuminadores
profesionais.
Este foi o resultado
Espero
que vos gustase o traballo dos vosos peques, a verdade é que quedaron para
enmarcar.