Neste proxecto da prehistoria, non podiamos
pasar por alto a arte. A través da arte descubrimos non só como eran as formas
de vida daquel entón, tamén como era a
sociedade, a cultura, a alimentación, os descubrimentos... xa que nos
seus debuxos plasmaban como era a súa
realidade.
Este é un aspecto que apaixona aos cativos, e
por este motivo decidimos afrontalo como verdadeiros artistas. Deixamos de lado algúns instrumentos típicos de escola e compramos materiais que usan os pintores
profesionais. Entre estes materiais, que vos aconsellaría que probásedes cos
vosos peques, destacamos:
• Papel de esbozo
• Lápices
acuarelables
• Lápices pastel
• Carboncillo
. Pinceis de pelo de marta
. Pinceis de pelo de marta
• Difuminadores
Empezamos pola etapa de investigación:
1. Buscar en
internet o que aparece na obra, neste caso un bisonte. Tecleamos a palabra
bisonte.
2. En imaxes
buscamos o debuxo desexado
3.Accedemos a
páxina que nos enlaza o debuxo e intentamos (coa miña axuda) descifrar de que
se trata, que representa, onde se atopa e a que etapa da prehistoria pertenece.
4. Nunha
ficha ubicámola no mapa de España.
5.Cubrimos a ficha de información.
6.Coloreamos
a etapa prehistórica á que pertenece.
Feito todo isto facemos a nosa propia obra de arte a partires da orixinal que está fotocopiada no papel de esbozo.
Despois deste
primeiro intento continuamos coa obra "Arqueiros", do Neolítico, tal e
como indica o uso de arcos. Esta obra está en Castellón e fixémola con
subraiadores e lápices pastel difuminados cos dedos ou con difuminadores
profesionais.
Este foi o resultado
Espero
que vos gustase o traballo dos vosos peques, a verdade é que quedaron para
enmarcar.
Que dibujos tan bien hechos! ahora entiendo la obsesión de Noa de saber dónde estaba Cantabria y buscarlo en el mapa. Y yo preguntándole si estaban dando geografía jaja
ResponderEliminarPues no deja de ser geografía, si!!! Es que la prehistoria da para mucho!! jajajajja!!!!
ResponderEliminarPues ahora que busque Castellón, jajjjaj!!!
Vaia obras de arte mais chulas!! Si e que estes peques son uns artistazos!!
ResponderEliminarE o que están a aprender!!!
Encántalles estes novos materiais de pintura e a min tamén xa que son tan nena coma eles!!! jajajajajaja!!!!
ResponderEliminarQue chulada!!! que bonitos quedaron!!
ResponderEliminarAgora no verán con tanto tempo libre, probaremos eses novos materiais a ver que obras de arte facemos jaja!!