No Pichel, quixemos festexar este gran día
para a nosa comunidade, cunha actividade entrañable á vez que enriquecedora. O
señor Pazos de Merexo, de 86 anos, veu para deleitarnos cun concerto de acordeón no que interpretou cantigas populares.
Pazos é un home moi coñecido e respectado tanto na nosa comunidade, onde
o puidemos ver en diferentes actos ou na TVG, coma no País
Vasco onde colaborou no disco do recoñecido artista Kepa Junkera.
Pazos de Merexo, non viña só, ao seu carón traía
a un rapazolo que tocaba o acordeón coma el é que resultou ser o seu neto.
Qué actividade tan fermosa para festexar o día
das nosas letras e para valorar a importancia
dos nosos maiores e a tradición cultural!!!
Cando este gran artista rematou, os gañadores do concurso de poesía "Se eu fose un río" léronnos os seus poemas.
Aquí vos deixo o vídeo, dun anaquiño da súa actuación, para que desfrutedes tanto coma nós.
OOOhhhh!!!!!!!!!!! que bonito por favor!!! Bravo por ou señor Pazos de Merexo, un artistaza!!!!
ResponderEliminar