fondo

jueves, 13 de noviembre de 2014

Romaría en 5 anos


Esta semana estamos que o tiramos: romaría, teatro e degustación de produtos do outono, alguén da mais… puffff!!!!

En canto ao teatro dicir que nos encantou, non temos fotos xa que non nos deixaron sacar pero bueno, se preguntades aos vosos pequenos e pequenas seguro que vos falan marabillas desta obra. A verdade é que esta compañía é fantástica en tódolos sentidos, nos contidos que trata, na calidade da posta en escena, no agarimo co que trata ó mundo infantil… en fin, un 10 para a compañía Baobab.

No relativo á romaría  comentar que foi unha pena non poder facela no dolmen xa que o entorno é inigualable. Aínda así non nos faltou de nada, castañas, gaiteiros, home orquestra e o grande, grandísimo Anxo Moure.

A continuación amósovos dous vídeos desta celebración:
 
 
 

 

En canto á degustación mañá saberase a verdade; teremos grandes comedores de produtos do outono ou non?, que opinades?

2 comentarios:

  1. Ya le dije yo a Noa que esta semana "festa rachada".
    Si, yo sé una que no comió castañas jaja. Hoy le dije que probara algún fruto de otoño aunque no creo q lo haga.
    Enia parecia una viejecita. Noa tenia q llevar un pañuelo que sino le daba algo.
    Bueno, como el dolmen ya lo conocían asi fueron a otro sitio, y las mamás más tranquilas sabiendo que no iban a pasar frío.

    ResponderEliminar
  2. A miña filla dixo que probou algunha froita e o que máis lle gustou foi a granada...na casa non quere nin probala e di que só lle gusta a do Xosé Pichel!!!

    ResponderEliminar