Xa rematamos de traballar coa emoción do medo e decatámonos de que os nosos cativos téñenlle medo a moitas cousas...ollade!
-BRENDA tenlle moito medo á tormenta.
- NOEMY, as arañas.
- ALONSO, subir ao seu cuarto solo e que todo esté escuro.
- GAEL, tenlle medo a escuridade, a durmir coa luz apagada e aos monstros, pero un día soñou que os monstros contaban chistes e a partir dese momento fíxose amigo deles.
MATEO C., aos lobos.
- DANI RE., as pantasmas e aos tiburóns.
- ELENA, tamén lle dan medo as pantasmas.
- A LUCI, danlle medo as pantasmas, a tormenta e os tiburóns.
- MARTIÑO, aos dragóns que comen zombies e pantasmas.
- CARLA, a tormenta e ás pantasmas.
- ADRIÁN RE., tamén ás pantasmas.
-MATEO P., tenlle medo tamén ás pantasmas, aos tiburóns e a escuridade.
-ADRIÁN V., ás pantasmas e as arañas.
-AINHOA, ás pantasmas.
-PABLO, aos monstros, ás pantasmas, as bruxas e as arañas.
-DANI C., as alturas e aos bichos.
- E ADRIÁN RO., aos zombies, sobre todo cando é Samaín, que é cando pode velos.
Ademais os nenos/as fixeron as aúas aportacións do medo...
AINHOA, trouxo un conto dos animais da sabana que xogaban ao escondite e trouxo un monstro que fixo ela con materiais reciclados.
DANI C., trouxo animais da selva, cos que estivemos xogando a darlles de comer..."Qué comen?". Esto dounos pé a traballar os conceptos de herbívoros, carnívoros e omnívoros.
E ademais trouxo un puzzle, un dominó e un conto relacionados con estes animais salvaxes.
ELENA, aportou un libro que fixo na casa co cal puidemos falar dos medios de comunicación que existen e conversar sobre a súa utilidade e se os empregamos ou non. E tamén trouxo un conto que nos encantou!
Luci aportou un conto e unha bolsa na que nos podíamos atopar de todo! "Atréveste a meter a man?" Este xogo entretívonos un montón de tempo, aos nenos/as esto do factor sorpresa intrígalles moito.
Martiño trouxo un atlas para poder informarnos dos lugares onde viven os animais salvaxes: a selva e a sabana...e o conto do Libro da selva, que moitos xa coñecían, pero aínda así estiveron moi atentos.
PABLO, aportou algúns animais salvaxes e un puzzle.
Co conto de CARLA aprendimos que os animais tamén se comunican, que teñen a súa propia linguaxe...o elefante, barrita; o lobo, aúlla; o búho, ulula...
BRENDA...outro conto dos animais salvaxes, co cal aprendimos a debuxar algúns deles e escribimos o seu nome.
O conto de GAEL encántounos!!! Cánto lles gusta este tema...
Este conto dos monstros permitiunos ter unha longa conversa sobre esta figura e propúxenlles facer un experimento de baba de monstro.
Para facelo necesitamos: vinagre, xabrón, colorantes alimenticios, bicarbonato e purpurina
Unha vez que fixemos a mestura de todos este singredientes, observade o que pasou...
E no noso túnel do medo, fixemos uns vídeos explicando as cousas que nos dan medo...deixovos dous exemplos:
E despois do medo...toca a CALMA!!!
ATA PRONTO...