fondo

jueves, 31 de marzo de 2016

Adeus medo! (4 anos)

Xa rematamos de traballar coa emoción do medo e decatámonos de que os nosos cativos téñenlle medo a moitas cousas...ollade!

-BRENDA tenlle moito medo á tormenta.
- NOEMY, as arañas.
- ALONSO, subir ao seu cuarto solo e que todo esté escuro.
- GAEL, tenlle medo a escuridade, a durmir coa luz apagada e aos monstros, pero un día soñou que os monstros contaban chistes e a partir dese momento fíxose amigo deles.


MATEO C., aos lobos.
- DANI RE., as pantasmas e aos tiburóns.
- ELENA, tamén lle dan medo as pantasmas. 

- A LUCI, danlle medo as pantasmas, a tormenta e os tiburóns.
- MARTIÑO, aos dragóns que comen zombies e pantasmas.
- CARLA, a tormenta e ás pantasmas.
- ADRIÁN RE., tamén ás pantasmas.


-MATEO P., tenlle medo tamén ás pantasmas, aos tiburóns e a escuridade.
-ADRIÁN V., ás pantasmas e as arañas.


-AINHOA, ás pantasmas.
-PABLO, aos monstros, ás pantasmas, as bruxas e as arañas.
-DANI C., as alturas e aos bichos.
- E ADRIÁN RO., aos zombies, sobre todo cando é Samaín, que é cando pode velos. 



Ademais os nenos/as fixeron as aúas aportacións do medo...

AINHOA, trouxo un conto dos animais da sabana que xogaban ao escondite e trouxo un monstro que fixo ela con materiais reciclados.


DANI C., trouxo animais da selva, cos que estivemos xogando a darlles de comer..."Qué comen?". Esto dounos pé a traballar os conceptos de herbívoros, carnívoros e omnívoros.
E ademais trouxo un puzzle, un dominó e un conto relacionados con estes animais salvaxes.


ELENA, aportou un libro que fixo na casa co cal puidemos falar dos medios de comunicación que existen e conversar sobre a súa utilidade e se os empregamos ou non. E tamén trouxo un conto que nos encantou!


Luci aportou un conto e unha bolsa na que nos podíamos atopar de todo! "Atréveste a meter a man?" Este xogo entretívonos un montón de tempo, aos nenos/as esto do factor sorpresa intrígalles moito.


Martiño trouxo un atlas para poder informarnos dos lugares onde viven os animais salvaxes: a selva e a sabana...e o conto do  Libro da selva, que moitos xa coñecían, pero aínda así estiveron moi atentos.


PABLO, aportou algúns animais salvaxes e un puzzle.


Co conto de CARLA aprendimos que os animais tamén se comunican, que teñen a súa propia linguaxe...o elefante, barrita; o lobo, aúlla; o búho, ulula...


BRENDA...outro conto dos animais salvaxes, co cal aprendimos a debuxar algúns deles e escribimos o seu nome.


O conto de GAEL  encántounos!!! Cánto lles gusta este tema...


Este conto dos monstros permitiunos ter unha longa conversa sobre esta figura e propúxenlles facer un experimento de baba de monstro.
Para facelo necesitamos: vinagre, xabrón, colorantes alimenticios, bicarbonato e purpurina

Unha vez que fixemos a mestura de todos este singredientes, observade o que pasou...

E no noso túnel do medo, fixemos uns vídeos explicando as cousas que nos dan medo...deixovos dous exemplos:




E despois do medo...toca a CALMA!!!

ATA PRONTO...







3 comentarios:

  1. Jo, canto dou de si esta emoción!! Fixestes actividades ben curiosas e os peques aportaron tantas cousas interesantes que seguro que aprenderon moitísimo.
    Agora xa comprendo mellor o da baba de monstro!!!jaja. Luci veu alucinada dicindo que a fixérades na clase... Encántanme os experimentos e compartilos con eles é máxico!!
    Os videos son moi simpáticos e da gusto ver como se expresan e escoitalos porque dan unha perspectiva diferente.jeje.
    Que ilusión ver todas estas cousas!!! Graciñas

    ResponderEliminar
  2. Cantas cousas fixechedes nesta emocion.Os mostruos qedaronvos xeniales e qe invento facer a baba estaban todos atentos. Qe ben o pasan e o mesmo tempo apren

    ResponderEliminar
  3. O da baba de monstro quedoulles grabado polo que vexo...jijiji.
    O tema dos experimentos é algo que lles atrae moitísimo!

    ResponderEliminar