fondo

viernes, 11 de marzo de 2016

Qué medoooooooooooo!!!!!! (4 anos)


Esta vez o noso investigador foi Mateo Porteiro...

Collimos no buzón de Popeta a carta do monstro de cores...que nos leva coma sempre ao mapa dos códigos Qr e na cal nos conta que desta vez volveuse de cor negra e non sabe a que se debe isto. Coa tablet limos o código QR de cor negra que nos levou ao vídeo de Rogelio.




Na aula pintamos o monstro de cores do medo e comezamos a traballar un concepto que implica que nos xurdan emocións de medo, como son os ANIMAIS SALVAXES.


XOGAMOS CON PUZZLES DE ANIMAIS SALVAXES, LEMOS MOITOS CONTOS, XOGAMOS CON DOMINÓS E FIXEMOS SERPES CON PLASTILINA.



Elaboramos os nosos monstros con témpera moi líquida e traballando a técnica do soplado. E o resultado foi espectacular.

 E tamén elaboramos un monstro cunha caixa de cartón, cómo lles gustou ver aos nenos/as, o resultado final!



 Xa que na aula traballamos o conto "onde viven os monstros", pois decidimos que tiñamos que ofrecerlle un habitat aos nosos seres terroríficos....e aquí o tedes! Os vosos pequechos son tan valentes que non tiveron medo ningún para pasar por el...




E xa que temos unha cova oscura para eles, imos compartir este espacio con outros seres que tamén dan moito medo...os morcegos!


Na seguinte entrada poñerei todas as aportacións que fixeron os nenos/as e outras cousas máis, que seguro que vos encantan.





5 comentarios:

  1. Qe medoo.. Vaia investigador qe ben lle qedan as gafas 😊😊.Temos unhas profes qe vaia artistas facendo monstruos e qe orixinais qedaron .Dani vendo as fotos esta o rojo e noso e outro e de Rociojiji. Qe ben vos qedou a casa do terror con eses debuxos tan terrorificos qe fixeron os peqes .

    ResponderEliminar
  2. Que chulada a cova!!! Sodes unhas artistazas!!!

    ResponderEliminar
  3. Non sei cal das cousas que estivestes facendo me gusta máis!!! A cova é fantástica, os monstros quedaron espectaculares tanto os do folio coma os das caixas de cartón, os morcegos...Encántanme!!
    Canto estades traballando e é unha satisfacción ver as cariñas dos nen@s mentres realizan todas estas actividades.
    Mateo parece que as gafas lle foron feitas á medida porque lle sentan xenial!

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  5. Madreee que medo!!!
    Canto traballades!!!
    Gústame moito ver todos os traballos que facedes , e o mais importante e que se pode apreciar que o facedes con moito gusto e disfrutando!!!!

    ResponderEliminar