É un tema moi complicado para tratar cos pequenos,pero penso que conseguimos que os nenos/as o entenderan.
O conto de "Arturo y Clementina" axudounos moito.Despois fixemos a nosa man na cor que simboliza este día este ano:o laranxa.
fondo
martes, 29 de noviembre de 2016
Celebramos o día contra a Violencia de xénero(5 anos)
Moitas felicidades Dani!!!
Qué ben que Dani xa ten 5 anos! E q se vexa ben o número que está encantado con abandoar xa o 4...jajaja
Mami encantounos a tarta de vermes!!!!
viernes, 18 de noviembre de 2016
Que ben o pasamos plantando!!!
O pasado martes, aproveitando o bo tempo baixamos a plantar unhas plantiñas para darlle algo de cor á entrada do cole. Pasámolo xenial!!!
miércoles, 16 de noviembre de 2016
Por fin sabemos algo de Pataquín!!! (5 anos)

de vida.

Con esta carta comezamos un diálogo para ver ata qué punto somos conscientes da contaminación da terra. A partir de agora os nenos/as de 5 anos seguro que estarán máis pendientes de non ensuciar o planeta e de non malgastar a auga. Xa que coa conversación que tivemos, chegamos a conclusión que sen auga non hai vida e nos non queremos que eso suceda. Queremos que sigan existindo os animais, as plantas, os ríos, as praias, os humanos...e para iso hai que coidar moi ben o planeta no que vivimos.
Diálogo que tivemos despois de ler a carta de Pataquín. Por qué Pataquín nos di que é perigoso que o río esté tan contaminado?
- Adrián Ro.: a auga se está sucia está contaminada.
- Elena: Cando a auga está contaminada hai corriente.
- Ainhoa: hai basura.
- Gael: coa auga contaminada tes pos enfermo.
- Pablo: Pataquín ten que ir ao médico para que lle poña unha pincha e así curarse (porque está na auga contaminada do río)
- Alonso: cando está contaminada, morres. Pataquín morre.
- Noemy: e os peixes.
- Todos: utilizamos a auga para beber, para lavarnos, para lavar as mans, para lavar os platos, para bucear, para regar...
Se facemos todo esto con auga contaminada e os peixes viven en ríos contaminados...qué pasa?
- Adrián Re.: morremos todos.
- Mateo P.: e xa non vivimos máis e a Terra se hunde.
- Martiño: a Terra rómpese.
- Cando non existíamos, non existía la Tierra.
- Adrián Ro. : antes de nacer nós, vivían os dinosaurios e os dragóns.
- Luci: a Terra foise formando de rocas pouco a pouco e foise facendo grande, grande, grande, ata que se formou. Se desaparece a Terra por non coidar a auga aparecería un meteorito e a extinguiría e non existiría nunca máis.
- Pablo: podemos coidar a auga e limpiala.
- Adri V. : na miña casa hai un pozo e non está contaminada a auga.
. Adri Re.: podemos pasar sin beber
- Pablo: podemos vivir coa comida.
- Adri Ro.: podemos limpiar a auga e non deixar que tiren basura ao río.
- Adri V. pordemos poñer unha señal para que non tiren nada no río.
Cántas ideas teñen estes pequenos!
Neste días fomos a ver unha obra de teatro do grupo "Trompicallo" que representaban a obra de "O día que chegou unha nube e choveu". Esta obra fálanos de que hai moito tempo na Terra non había nada, só pedras. E un día chegou unha nube, choveu e formou un manantial. Coa chegada da auga comezou a nacer herba, flores, árbores, na auga naceron os peixes e as rás, despois chegaron os insectos, as ovellas, o lobo...en fin, a vida.
Un día a auga desaparece por non coidala e a terra volve quedar sen vida. Con esta obra aprendimos de maneira moi visual a importancia de coidar a auga e ademais aprendimos unha canción moi chula.

Lois, un compañeiros da clase de 4 anos fixo un mural da contaminación que veu a explicarnos.
lunes, 14 de noviembre de 2016
viernes, 11 de noviembre de 2016
As nosas cestas de outono...(5 anos)
Seguimos traballando co outono e esta vez facendo as tradicionais cestas de outono.Este ano as tres aulas de infantil decidimos facer todos xuntos a nosa cesta...mirade que bonita quedou!
Ademais quedaron moi completas:améndoas,noces,castañas,kiwis,kaki,granadas,mazorcas de millo,cabazas...
Gracias a todos polas vosas aportacións.
lunes, 7 de noviembre de 2016
Onde estará Pataquín? (5 anos)
Como ben sabedes xa comezamos o proxecto de este ano: "VIAXAMOS CON PACHI".
Este proxecto comezou coñecendo a Pachi e a Pataquín.
Visualizamos un vídeo de Pachi, onde nos explica quen é, donde vive e outras cousas moi interesantes.
Na súa viaxe polo Sistema Solar, Pachi foi a aterrizar na Terra...e sabedes a onde chegou? A CORISTANCO!!! E foi alí onde coñeceu a Pataquín e foi o que lle contou que chegara a tempo para a gran festa que hai en coristanco: "A festa da pataca". Pachi non dubidou un segundo en que iría a coñecer como era esa festa Na aula debuxamos a Pachi e a Pataquín. Quedaron uns retratos ben fermosos. E aquí vos presento ao Pataquín do noso cole...
Este proxecto comezou coñecendo a Pachi e a Pataquín.
Visualizamos un vídeo de Pachi, onde nos explica quen é, donde vive e outras cousas moi interesantes.

Chegou o día da festa e alí estaban todas as figuras feitas polos nenos/as do noso colexio. Na nosa clase fixemos a Pachi e a Pataquín no universo. Canto traballamos!Pero encantounos como quedou, aínda que este ano non nos tocara gañar o premio.
Uns días despois da festa recibimos unha noticia que nos entristeceu moito. Os nenos/as de primaria enteráronse de que ocorrera unha desgracia...Pataquín perdeuse!!!! E como estaban moi preocupados, este ano convertíronse en reporteiros para poder conseguir atopar a Pataquín de novo e que puidera estar no cole con nós. Esta foi a reportaxe que nos enviaron:
Despois de ver o vídeo, quixemos axudar aos nosos compañeiros do cole e comezaron a xurdir ideas de onde podería estar Pataquín. Ao mellor así é máis doado atopalo.
Pasaron os días e non había rastro de Pataquín, polo que os nosos reporteiros tiveron a idea de elaborar carteis de "SE BUSCA A PATAQUÍN".
Oxalá apareza pronto...

martes, 1 de noviembre de 2016
Tras a pista de Pataquín
Na aula de 4 anos estamos moi preocupados, Pataquín perdeuse!!! A ver se entre todos conseguimos dar con el.
Samaín 2016
A pasada semana celebramos o Samaín na escola, o venres celebrámolo por todo o alto, ademáis de disfrazarnos, preparamos coa axuda das familias receitas terroríficas. Moitas gracias a todos/as, así da gusto festexar.
Deixámosvos un pequeno resumo en imaxes de como celebramos na aula de 4 anos, esperamos que o disfrutedes.
Deixámosvos un pequeno resumo en imaxes de como celebramos na aula de 4 anos, esperamos que o disfrutedes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)