Este proxecto comezou coñecendo a Pachi e a Pataquín.
Visualizamos un vídeo de Pachi, onde nos explica quen é, donde vive e outras cousas moi interesantes.

Chegou o día da festa e alí estaban todas as figuras feitas polos nenos/as do noso colexio. Na nosa clase fixemos a Pachi e a Pataquín no universo. Canto traballamos!Pero encantounos como quedou, aínda que este ano non nos tocara gañar o premio.
Uns días despois da festa recibimos unha noticia que nos entristeceu moito. Os nenos/as de primaria enteráronse de que ocorrera unha desgracia...Pataquín perdeuse!!!! E como estaban moi preocupados, este ano convertíronse en reporteiros para poder conseguir atopar a Pataquín de novo e que puidera estar no cole con nós. Esta foi a reportaxe que nos enviaron:
Despois de ver o vídeo, quixemos axudar aos nosos compañeiros do cole e comezaron a xurdir ideas de onde podería estar Pataquín. Ao mellor así é máis doado atopalo.
Pasaron os días e non había rastro de Pataquín, polo que os nosos reporteiros tiveron a idea de elaborar carteis de "SE BUSCA A PATAQUÍN".
Oxalá apareza pronto...

Onde estará, onde estará...
ResponderEliminarEmoción, intriga, dor de barriga...
A verdade é que se explican de marabilla estés peques
Seguiremoslle a pista jiji
Oooh1!! Vaia reporteiros temos no cole de coristanco.Aver onde estara pataqin e moi intrigante a sua busqeda .Seguiremos atentos as pitas onde estara....
ResponderEliminar