fondo

miércoles, 16 de noviembre de 2016

Por fin sabemos algo de Pataquín!!! (5 anos)

Acordadesvos da carteira Popeta? Pois a semana pasada visitounos de novo e deixounos unha carta no noso buzón...e a que non sabedes de quén era? Síííííííííííííííííííí...de Pataquín! Qué alegría levamos! Por fin dignouse a dar sinais
de vida.




 Entre algúns nenos/as da aula limos a carta. Abride ben as orellas e escoitade o que nos conta.




Con esta carta comezamos un diálogo para ver ata qué punto somos conscientes da contaminación da terra. A partir de agora os nenos/as de 5 anos seguro que estarán máis pendientes de non ensuciar o planeta e de non malgastar a auga. Xa que coa conversación que tivemos, chegamos a conclusión que sen auga non hai vida e nos non queremos que eso suceda. Queremos que sigan existindo os animais, as plantas, os ríos, as praias, os humanos...e para iso hai que coidar moi ben o planeta no que vivimos.
Diálogo que tivemos despois de ler a carta de Pataquín. Por qué Pataquín nos di que é perigoso que o río esté tan contaminado?

- Adrián Ro.: a auga se está sucia está contaminada.
- Elena: Cando a auga está contaminada hai corriente.
- Ainhoa: hai basura.
- Gael: coa auga contaminada tes pos enfermo.
- Pablo: Pataquín ten que ir ao médico para que lle poña unha pincha e así curarse (porque está na auga contaminada do río)
- Alonso: cando está contaminada, morres. Pataquín morre.
- Noemy: e os peixes.
- Todos: utilizamos a auga para beber, para lavarnos, para lavar as mans, para lavar os platos, para bucear, para regar...
Se facemos todo esto con auga contaminada e os peixes viven en ríos contaminados...qué pasa?
- Adrián Re.: morremos todos.
- Mateo P.: e xa non vivimos máis e a Terra se hunde.
- Martiño: a Terra rómpese.
- Cando non existíamos, non existía la Tierra.
- Adrián Ro. : antes de nacer nós, vivían os dinosaurios e os dragóns.
- Luci: a Terra foise formando de rocas pouco a pouco e foise facendo grande, grande, grande, ata que se formou. Se desaparece a Terra por non coidar a auga aparecería un meteorito e a extinguiría e non existiría nunca máis.
- Pablo: podemos coidar a auga e limpiala.
- Adri V. : na miña casa hai un pozo e non está contaminada a auga.
. Adri Re.: podemos pasar sin beber
- Pablo: podemos vivir coa comida.
- Adri Ro.: podemos limpiar a auga e non deixar que tiren basura ao río.
- Adri V. pordemos poñer unha señal para que non tiren nada no río.

Cántas ideas teñen estes pequenos!

Neste días fomos a ver unha obra de teatro do grupo "Trompicallo" que representaban a obra de "O día que chegou unha nube e choveu". Esta obra fálanos de que hai moito tempo na Terra non había nada, só pedras. E un día chegou unha nube, choveu e formou un manantial. Coa chegada da auga comezou a nacer herba, flores, árbores, na auga naceron os peixes e as rás, despois chegaron os insectos, as ovellas, o lobo...en fin, a vida.

Un día a auga desaparece por non coidala e a terra volve quedar sen vida. Con esta obra aprendimos de maneira moi visual a importancia de coidar a auga e ademais aprendimos unha canción moi chula.



Os nenos/as xa comezaron a investigar e xa comezaron a facer as súas aportacións.

Lois, un compañeiros da clase de 4 anos fixo un mural da contaminación que veu a explicarnos.



2 comentarios:

  1. Jiji xa sabemos algo mais de Pataquin .Canta imaxinacion teñen estes nosos peqes .vaia mural mais chuli Lois

    ResponderEliminar
  2. A verdade e que este tema da contaminación espertou unha gran curiosidade nos peques. Luci cada dia é máis consciente de que hai que aforrar auga, non tirar basura onde non corresponde... e este é un valor moi importante para traballar desde pequenos. Cando colle cartón ou vidrio xa di que é para reciclar e pono onde corresponde!!jaja
    O mural de Lois é, a parte de bonito, moi explicativo.
    Que boas ideas teñen estes peques!!!

    ResponderEliminar