Seguides aportando cousiñas a este proxecto. Non deixades de sorprenderme!!!
Nuria: trouxo a sombrilla china, un adorno que se coloca nas portas para atraer a sorte e una réplica en pequeño dos guerreiros de Terracota. Flipanteeeeeee!!!
María: neste caso trouxo 2 pulseiras que se lles poñen aos nenos e nenas pequenos tamén para atraer a sorte, unha delas é de jade. Tamén aportou outro adorno típico da boa sorte!! Como funcione todo isto dos amuletos... nin vos conto!!! jajajajaja!!!!
Noa: trouxo algún obxecto raro, raro!!! unha especie de biombo en tamaño mini cunha paisaxe china cosida, un abanico, cartas de nenos chinos e un gong chino!!! Que pasada!!!!
Tamén trouxo un adorno feito coa folla de palma, porcelana china e un libro de adiviñas do mundo, onde por suposto aparece China!!! Moitas grazas pequerrecha!!!!
Álvaro trouxo un instrumento fantástico, unha auténtica Caixa china. Que ben soa!!!
A profe Mela, foi de viaxe a Madrid e veu cargadiña de cousas; trouxo un xornal escrito en chino, té chino e uns billetes que ao parecer son billetes funerarios xa que os meten dentro da tumba coa persoa falecida. Sobre esto teremos que investigar algo mais!!! jajajaj!!! Grazas profe Mela!!
E eu non ía ser menos. Trouxen o gato da sorte e un adorno para o pelo que podería pasar por adorno da ópera china, non si? jajajaja!!!!
Quero
darvos a benvida a un novo e emocionante proxecto:
CHINA
Estamos
ansiosos por aprender cousas deste apaixonante mundo que é China, apaixonante
en valores, contidos, creatividade…
falar de China supón ver aparecer un sorriso na cara dos nen@s . Espero poder manter esta emoción ata o final do proxecto!!!!
Antes
case de empezar, xa teño que darvos, coma sempre, unha e mil grazas por todo o
que aportades e por todo o que vos involucrades.
Preparádevos
para ver todas as aportacións que chegaron!!!
Para empezar, quero amosarvos: a porta da nos a aula (que representa unha casa china) e o espazo que preparamos fora para dar cabida a todas as aportacións e traballos que iremos facendo. Isto xa vai pillando forma!!!!
Aquí temos a María Liu que veu cargadiña de cousas!!!! Nesta primera foto podedes ver todos os libros de contos que aportou!!! Ata temos un libro de " Chino de viaje" nunca se sabe cando podemos acabar en China!!! Qué pasada!!!
Uxía buscou, coa axuda de mami, os nomes de todos os compañeir@s. A pobre viña toda tristeira xa que non atopara o nome de Zaira, Enia e Antía, pero a profe si os atopou!! Déixovos o video do que nos rimos lendo os nosos nomes en chino!!
Carlos viña encantado co seu fantástico libro sobre a cultura china, un libro con volumes!!! Que ben nos explicou o seu contido!!
Irei poñendo vídeos pouco a pouco!!
Aquí
podedes ver a Zaira que veu cargadiña de cousas tamén: trouxo un fermoso
paraugas, unha representación de Buda, un abanico cun magnífico dragón e un
Qipao ou vestido chino!! Abraiados quedamos!!!
María Liu tamén trouxo diferentes e fermosísimos tipos de abanicos, paraugas e un pai-pai. Tamén aportou fotos do Xardín de Yuyuan e da cidade de Namchag!! Mirade o vídeo da explicación!!!
Na clase temos uns verdadeiros artistas á vez que arquitectos, mirade que cidade china construíron!!! Ollade que fixeron unha torre moi alta, será a torre mais alta de China? Jajajaja!!!
Samuel aportou algo que nos deixou coa boca aberta!!! Unhas auténticas zapatillas chinas que teñen ao redor de 30 anos e uns palillos que rondan os 20. Isto é historia!!!
O de Carolina xa non sei como explicalo, que detalle nos seus debuxos!!
Esta cativiña fíxonos: un home chino cun dragón de mascota, a muralla china e un gusano de seda, unha casa china cun xardín de bambú e un neno xogando cunha cometa. Guauuuuu!!!!!
María sigue traendo cousiñas emocionada con este proxecto. Neste caso aportou diferentes modelos de palillos chinos!!! Cantas cousas cativiña, mil grazas!!!
Noa trouxo este obxecto super curioso, díxonos que era unha pelota china!!! Que gozada manipulala!!
Uxía
tamén segue a traer cousas, neste caso un gorriño chino. A que está moi simpática!!
E se temos unha chiniña, tamén teremos que ter un chiniño. Mirade que guapísimo está Álvaro!
Pero como de guapo non se vive, Álvaro, tamén aportou pan chino, tamén chamado pan de gambas. Este pan imos reservalo para a gran celebración que nos espera en febreiro.
Por último Carla, que trouxo uns palillos chinos e un elegantísimo abanico!!! Que bonitos pequecha!!! Como xa vos dixen irei poñendo algún que outro vídeo mais, pero tardan tanto en cargar que me desespero!!!
Despois das vacacións, volvemos retomar o proxecto que tanto nos gusta e esta semana tócalle a Ainhoa.
A pesar de que está bastante pachucha, está a disfrutar moito...nas fotos podedes comprobalo(jaja).
Hoxe recibiu a sorpresa de que mamá e avoa viñeron facer una visita...e que ben o pasamos todos facendo de cociñeiros/as.Fixemos o noso propio pan e quedounos apetitoso!!!
A disfrutar do que che queda de semana Ainhoa.
Aquí temos o vídeo de Ainhoa. Espero que vos guste.
Isto é comezar ben o trimestre!!!Primeiro día e xa con celebracións...Así o comezo faise máis ameno, aínda que penso que xa tiñan ganas de volver porque estiveron todos moi contentos e portáronse de marabilla.