fondo

jueves, 19 de febrero de 2015

O Entroido en infantil


Entroido chinés

Deixámosvos o vídeo do Entroido. Están tódalas aulas de infantil no desfile. Esperamos que vos guste!!
 

A China en 5 anos



Con isto do Entroido temos o blog algo esquecido así que agora ides a levar ración dobre ou incluso triple!!!
Comezamos coas aportacións, que coma sempre, non son poucas. Sodes fantásticos!! Estanos quedando un corredor digno de ver!!!

Unha de debuxos!!!

As pagodas son o mais socorrido, Uxía, Ángela e Carol fixéronnos unhas ben fermosas.

A Noa marcárona os nenos/as que son obrigados a facer deporte e tróuxonolos debuxados.



Ángela: aportou un conto de Mulán.

Noa e Uxía: estiveron a investigar cáles eran os produtos agrícolas típicos da China e fixeron un traballo ben completo.

Álvaro: sorprendeunos con este fantástico canón, xa que os chinos inventaron a pólvora e ademais será por guerras na china!!!


Carolina: xa está preparada para a celebración do ano novo chino. Tróuxonos adornos para o pelo, palillos chinos e unha fermosa sombrilla.



Carlos: atopou unhas letras chinas nun paquete de galletas e tróuxonolas. Que simpático!!! Tamén veu con un fermoso Bonsai que temos que coidar moito e segundo el tamén temos que podar. Creo que non lle vai tocar a menos que o profe Suso nos diga como facer. Tamén aportou información sobre as distintas figuras que compoñen o exército dos guerreiros de Xián. Moi interesante!!!

 
Carlos: seguimos con este fenómeno de neno que nos asombra cada vez que abre a boca por todo o que sabe destes fantásticos guerreiros. Tanto sabe que nos fixo unha maqueta para quedar coa boca aberta!!! Qué pasada meu deus!!!

Que orgulloso estaba e dicíalle a todo o mundo “la hice yo” e explicaba onde se atoparan, quen os atopara… en fin creo que podería dar unha conferencia sen problema. Jajajaja!!!!

 
María: tan boíña!, trouxo uns palillos chinos para os compis e tamén para a profe e para Alberto. Que ilusión nos fixo a todos. Agora estamos a practicar como collelos!!!

 
A profe: non foi á China pero ten amigos que si o fixeron. Tróuxenlles un cadro feito con pelo de mulleres chinas e tamén uns xogos musicais. Encantáronlles!!! Bueno, o do pelo a verdade é que lles deu un pouco de repelús e non é para menos!!!!





A seda: Como a seda ven da China, temos que ter as ourugas de seda. A profe Lorena trouxo os ovos. Agora estamos esperando a que saian dos ovos para darlles moito de comer, que se envolvan en un capullo e formen a seda e logo se transformen en bolboretas.

 
Manualidades: Estamos facendo a vestimenta típica da China, ollade que bonitos nos están a quedar os nosos traballos.
Tamén o pasamos moi ben pintando os qipaos e o traxe mandarín!!!

 

Hoxe, 19 de febreiro, celébrase o ano novo chino. Estivemos falando de cómo se celebraba este día alí, con petardos, roupas novas, moita comida e os fermosos sobres para meter o diñeiro. Tamén falamos dos adornos con farolillos e das lendas que se poñían nas portas.
Como isto nos pillou despois da vacacións imos a celebrar o noso propio ano novo chino o mércores cunha comida nun restaurante chino de Carballo.
Para ambientar o noso corredor de ano novo, estivemos a facer as lendas para chamar á boa sorte!!!
Feliz ano novo familias!!!

 
 
 

 

ENTROIDO EN 3 ANOS

Despois duns días de descanso, toca volver ao cole.A semana anterior foron uns días intensos preparando todo o de Entroido. Deixovos un vídeo con todas as cousas que fomos facendo para que poidades ver todo o que disfrutaron. Cómo nos gusta disfrazarnos!!!

miércoles, 11 de febrero de 2015

Seguimos de viaxe!!!!



Ni hao familias!!!

 Aquí seguimos coñecendo máis e máis cousas da China; en boa parte grazas as cousas que nos aportades.


E aquí tedes o exemplo: moitos de vos traballastes moito cos vosos pequechos e fixestes unas manualidades preciosas, dende pai-país, ata dragóns, pasando por faroliños, gorros, etc.




Outros enchestes cartolinas de grandes coñecementos que nos ensinan tanto gráfica como verbalmente máis cousas deste país, e sabedes que?? gracias a isto cada vez teñen máis ganas de aprender a ler!!




Algúns contribuístes a que a imaxinación dos vosos rapaces e rapazas voara tan lonxe como fora posible gracias os contos que nos emprestastes.....






Tamén nos descubristes costumes e tradicións chinas cos materias que nos enviastes:
Como son as súas casas
como sonan os seus instrumentos
os aparellos para recoller o arroz que tanto lles gusta
o ritual do té
a curioso costume de pasear ós paxaros pola rúa nas súas gaiolas...

 
 

E con todo isto, mirade que colorido e chino está quedando o noso corredor:





Como xa saberedes a través dos vosos pequenos xa coñecemos as casa típicas da China, a redonda que se chama Tulou, a que parece unha tenda de campaña que se chama Yurta, entre outras. Descubrimos que as familias aínda que antes eran moooiii numerosas, agora son máis ou menos como as nosas. E tamén desterramos falsos coñecementos xa que descubrimos que as pagodas non son casas!!! Somo como as "igrexas" que hai na China, onde lle rezan a Buda.  Tamén a través do conto da Bella Mandarina descubrimos que lle gustan moito as mandarinas e a profe Mela deixounos ver una destas árbores, encantounos mirade na foto mirade....

Nesta semana como está chegando o entroido decidimos investigar que roupas se poñen os chinos e podemos saber que o traxe delas chamase qipao e o deles traxe mandarín. Imos facer un cadro moi xeitosiño onde veredes como son estes traxes, aquí vos deixo o inicio onde estamos a facer o fondo do cadro, para ver o resultado teredes que esperar un chisquiño máis!!!





Moitos saúdos e milleiros de agradecementos polo esforzo!!!















jueves, 5 de febrero de 2015

A china en 5 anos

 
        - Como xa vos dixen nun post anterior, esta semana, estamos a traballar a vestimenta e a moeda. Fixemos fichas alusivas a este tema, calcamos moedas, vimos fotos, manipulamos moedas e billetes… e estamos a facer unha actividade plástica, que cremos, vai quedar moi vistosa.
Estes nen@s seguen a traer cousas así que, vamos amosalas!!!
 
Carla; Esta semana fixo unha chiniña preciosa, con abanico e todo. Tamén nos trouxo algo de arroz por se apertase a fame!!!


Álvaro trouxo dous fantásticos libros. Xa os temos “repes” así que agora non haberá pelexas!! Moitas grazas!!!


Carlos: tamén aportou un libro xenial cheo de curiosidades sobre a China. Tamén sigue debuxando, neste caso un oso panda.
 
A profe Mela, implica a media familia no proxecto e a súa tía,  empréstanos este fermoso mandarino, a árbore típica da China. Tamén vos avanzo unhas fotos da manualidade que estamos a facer sobre a vestimenta.

 
Uxía esta semana aportou debuxiños e tamén un fermoso abanico.


María veu con moitos vestidos. Que bonitos!!! Quedamos todos coa boca aberta. Ademais trae fotos que testemuñan que os levou cando era unha bebita preciosa.

 
Tamén aportou un fermoso conto e unha “obra de arte” que lle axudou a facer á súa nai sobre o novo ano chino. Canta información e cantos detalles!!! Sodes unhas artistas!!!


martes, 3 de febrero de 2015

Protagonista da semana...Dani Oreiro!!!

Qué ben Dani!
Esta semana xa é a túa, por fin chegou o momento.Coas ganas que tiña...xa lle estaba tardando, mais ao final non tíñamos q esperar tanto.
Agora, a disfrutar moito de estos días que tanto vos gustan.
Un biquiño.

E o vídeo de Dani...Espero que disfrutedes del e que vos guste. Un biquiño prota!!!


domingo, 1 de febrero de 2015

Día da paz en 5 anos








Este venres estivemos a celebrar o día da paz. Levamos a cabo distintas actividades que resultaron ser moi motivantes para os nen@s.
 A continuación detállovos o que fixemos:
- Mural de china con aspectos positivos e negativos en relación ao concepto de “Paz”.



-     Escoitamos o conto de Wangari y los árboles de la paz que podedes ver neste enlace. 


-   Os maiores elaboraron un  manifesto que lobo leron, sobre o que é a paz e o que temos que facer para conseguida.


- Cantamos a canción de Macaco: “Mensajes del agua”.



- Soltamos unha pomba que levaba escrita unha mensaxe de paz. Enia, foi a encargada de levar a cabo tan emocionante traballo!!! Pena que o día non acompañase!!!