Ni hao familias!!!
Aquí seguimos coñecendo máis e máis cousas da China; en boa parte grazas as cousas que nos aportades.
E aquí tedes o exemplo: moitos de vos traballastes moito cos vosos pequechos e fixestes unas manualidades preciosas, dende pai-país, ata dragóns, pasando por faroliños, gorros, etc.
Outros enchestes cartolinas de grandes coñecementos que nos ensinan tanto gráfica como verbalmente máis cousas deste país, e sabedes que?? gracias a isto cada vez teñen máis ganas de aprender a ler!!
Algúns contribuístes a que a imaxinación dos vosos rapaces e rapazas voara tan lonxe como fora posible gracias os contos que nos emprestastes.....
Tamén nos descubristes costumes e tradicións chinas cos materias que nos enviastes:
Como son as súas casas
como sonan os seus instrumentos
os aparellos para recoller o arroz que tanto lles gusta
o ritual do té
a curioso costume de pasear ós paxaros pola rúa nas súas gaiolas...
E con todo isto, mirade que colorido e chino está quedando o noso corredor:
Como xa saberedes a través dos vosos pequenos xa coñecemos as casa típicas da China, a redonda que se chama Tulou, a que parece unha tenda de campaña que se chama Yurta, entre outras. Descubrimos que as familias aínda que antes eran moooiii numerosas, agora son máis ou menos como as nosas. E tamén desterramos falsos coñecementos xa que descubrimos que as pagodas non son casas!!! Somo como as "igrexas" que hai na China, onde lle rezan a Buda. Tamén a través do conto da Bella Mandarina descubrimos que lle gustan moito as mandarinas e a profe Mela deixounos ver una destas árbores, encantounos mirade na foto mirade....
Nesta semana como está chegando o entroido decidimos investigar que roupas se poñen os chinos e podemos saber que o traxe delas chamase qipao e o deles traxe mandarín. Imos facer un cadro moi xeitosiño onde veredes como son estes traxes, aquí vos deixo o inicio onde estamos a facer o fondo do cadro, para ver o resultado teredes que esperar un chisquiño máis!!!
Moitos saúdos e milleiros de agradecementos polo esforzo!!!
Como traballaron todos estes nenos e que fermoso corredor! Noraboa a todos (tamén ás profes)!
ResponderEliminar