Como xa vos dixen nun post anterior, esta semana estibemos a falar da vivenda, as pagodas e a relixión. María, trouxera a principios do proxecto unhas fotos da casa do Té, os xardíns de Yuyuan e fotos da rúa do comercio, esperei ata este momento para amosárllelas e quedaron todos asombrados coa construción chinesa.
Ademais, como nalgún establecemento chines, aínda seguen a comer sobre coxíns e en mesas moi baixas, probamos como sería tomar a merenda así. Encantoulles!!!!
Ao longo desta semana os meus queridos pequechos seguiron a traer cousas, aquí vos deixo as fotos:
Carolina: traballou moito, non parou de debuxar!!!
Noa: Neste caso adicouse a pintar, a Mulán e un farolillo!!
Ángela: tróuxonos o dragón pintado polo seu papi. Menudo artista!!! Nós xa estamos pintando os nosos. Rafa, vas a ter competencia, é moi dura!!! jajajajaja!!!!
Carlos; Trouxo un fermoso oso panda con bambú e todo por se pasara fame. Que bonito che quedou!!!
María: aportou unha fermosa Minnie vestida co Qipao e portando un farolillo. Que bonita!!!
Nuria: Que traballo mi madriña!!! Unha auténtica casa china co seu patio, a fonte e a abundante vexetación que as caracteriza. Que pasadaaaaaaa!!!!!
A semana próxima imos a traballar a vestimenta, aproveitando que se achega o Entroido e tamén a moeda.
Que bonito todo o que levaron os nosos pequechos, pero cando vin a casa chinesa que levou Nuria, que pasada!!
ResponderEliminarTotalmente de acuerdo. Vaya casa d Nuria!!!
ResponderEliminar