- Como xa vos dixen nun post anterior, esta
semana, estamos a traballar a vestimenta e a moeda. Fixemos fichas alusivas a
este tema, calcamos moedas, vimos fotos, manipulamos moedas e billetes… e estamos a facer unha actividade plástica,
que cremos, vai quedar moi vistosa.
Estes nen@s seguen a traer cousas así que, vamos amosalas!!!
Carla; Esta semana fixo unha chiniña preciosa, con abanico e todo. Tamén
nos trouxo algo de arroz por se apertase a fame!!!
Álvaro trouxo dous fantásticos libros. Xa os
temos “repes” así que agora non haberá pelexas!! Moitas grazas!!!
Carlos: tamén aportou un libro xenial cheo de
curiosidades sobre a China. Tamén sigue debuxando, neste caso un oso panda.
A profe Mela, implica a media familia no
proxecto e a súa tía, empréstanos este
fermoso mandarino, a árbore típica da China. Tamén vos avanzo unhas fotos da
manualidade que estamos a facer sobre a vestimenta.
Uxía esta semana aportou debuxiños e tamén un
fermoso abanico.
María veu con moitos vestidos. Que bonitos!!! Quedamos todos coa boca aberta. Ademais trae fotos que testemuñan que os levou cando era unha bebita preciosa.
Tamén aportou un fermoso conto e unha “obra de
arte” que lle axudou a facer á súa nai sobre o novo ano chino. Canta información
e cantos detalles!!! Sodes unhas artistas!!!
Cantas pinturas levan e que bonitas!!! Mira que lle digo a María que pinte algo sobre China pero nada, me parece que a pintura non é o seu.
ResponderEliminarO libro que levou Carlos tamén o quere levar María porque me dicía que ninguén ninguén o levou!!!
Grazas profe por chamar obra de arte ao noso traballiño, vindo de ti coas cousas que fas iso é un alago!!
A árbore que trouxo a profe Mela paréceme precioso. Non vos podedes imaxinar canto os coidan alí, teñen parques enormes por todos os sitios e están sempre impecables. Un día levaravos María unhas fotos dunhas árbores que se ven en case todos os parques e que para eles son un orgullo, que árbore será??
Mi madre canto traballan estes nenos.Que maravilla!.Gracias a profe Mela pola aportación. Buf que bonitos son os vestidos que trouxo Maria a verdade que cultura mais bonita, esas cores eses debuxos e que graciosas as fotos.
ResponderEliminarMe encantan los vestidos de María,parece mentira que algún dia le sirviesen. Como crecen estos "picheliños"!!!!
ResponderEliminar