fondo

martes, 10 de marzo de 2015

Outra semana máis coa prota,esta vez tócalle a BRENDA!!!

Encantada co seu mandato!A ilusión que teñen porque chegue o seu momento déixame abraiada...
Esta semana a súa mamá díxome que a Brenda non lle daba chegado o día, que tiña moitas ganas de que lle tocase a ela. Esto é o que me demostra a min que este proxecto realmente vale a pena  e que o traballo q implica levalo a cabo é un pracer facelo, solo por ver a felicidade e a ilusión dos vosos pequenos/as e, por suposto, tamén as ganas q amosan as familias.
 

martes, 3 de marzo de 2015

Esta semana tócalle...a Mateo Porteiro!

Xa chegou a súa semana e qué ganas tiña xa!
Q contentos vense os nenos cando pasan por este momento...e eu feliz de ver cómo o disfrutan.
Un biquiño Mateo.

E aquí tedes o vídeo de Mateo Porteiro. Espero que vos guste:

Ata pronto



A miña estancia no Pichel chegou o seu fin. Darvos as grazas a tod@s: familias, nen@s, equipo docente, directivo e todo o persoal do centro por toda a axuda. Voume chea de cousas boas, e espero deixar tamén algo bo de min por aí. Non son de despedidas así que solo darvos as grazas por todo a todos, especialmente as miñas compis de ciclo, sodes incribles, facedes que a nosa profesión teña sentido e sexa marabillosa, votareivos de menos. E seguro que nos vemos pronto!! Un sorriso, un saudiño, moita sorte e a ser felices!!!! muaks:

                                                                         Laura
Resultado de imagen de dibujos sobre china




Ola de novo familias, bueno...mellor dito:Nihao

Aqui estamos outra vez, desta para deixarvos un video da visita ó restaurante chino. Ainda que xa sei que os peques fixeron trampas e vos levaron o menú por adiantado eh!! jajajaja canto traballan estes pequenos, aqui volo deixo: 







Ademáis disto deixovos unas fotos dunha nova manualidade que estamos facendo pero como di Rocio non podemos adiantar nada, asique poñede a vosa imaxinación a funcionar...


Deixovos imaxinando ata outro día, saudiñoss...
 Laura

domingo, 1 de marzo de 2015

A nosa Noelia



Boas familias!!!

A verdade é que estamos moi tristes. A nosa Noelia marchounos, o venres foi o seu último día. Que pena!, cando xa estabamos acostumados a tela con nós, cando ela xa se soltara cos nenos/as e comigo… ten que marchar.
Noelia, esperamos que volvas a vernos cando queiras e se para o ano queres seguir de prácticas no Pichel, recibirémoste cos brazos abertos. Agora prepárate, fórmate, ilusiónate moito con este marabilloso traballo porque un mundo de pequenas cousas te espera.
Un bicazo moi grande e esperámoste. Moitas grazas por todo o que nos diche.


A despedida:



Ano novo chino en 5 anos

Ni hao!!
O mércores celebramos o ano novo chino cunha comida especial no restaurante chino de Carballo. Íamos con moitos nervios porque todo saíra ben e sobre todo porque lles gustase aos peques.
Tales eran os meus nervios que agora doume conta das poucas fotos que saquei. Que pena!!! Fáltame a foto de grupo, a foto coas mamis, a foto coa xente do restaurante, unha foto do restaurante… síntoo moito. Se vos tedes algunha, por favor, pasádema xa que eu ía tan ensimesmada que me esquecín por completo.




A China en 5 anos


Ni hao!!
Seguimos coas aportacións. A verdade é que este proxecto non sería o mesmo se non estivésedes aí animando e aportando tantas cousiñas. Mil grazas.
Nesta ocasión temos a Carla que nos fixo un fermoso debuxo, María que trouxo un simpático oso panda todo elegante e finalmente Noa que aportou un iogur chino. Jajajaja!!!



Estamos a facer unha manualidade sorpresa. Non podemos adiantar nada, solo que vos fixedes nos mandilóns. As lavadoras van ter que facer estes días.
Un adianto!!!