FRESAS CON CHOCOLATE EN 3 ANOS
fondo
sábado, 7 de junio de 2014
viernes, 23 de mayo de 2014
Viaxe fin de curso en 4 anos
Bueno, isto está chegando ao seu fin e proba disto é a excursión de fin de curso.
A pesar de que o tempo non nos acompañou pasámolo moi ben e aprendemos moito.
Quedounos por ver o castro de Borneiro así que o deixo nas vosas mans, un día aproveitades e ides a visitalo porque merece a pena.
Espero que vos guste o vídeo e para o ano mais e mellor!!!!
lunes, 19 de mayo de 2014
viernes, 16 de mayo de 2014
Día da familia en 4 anos
Despois do gran día que pasamos onte non me
queda mais que darvos as grazas, unha e mil veces, por todo o tempo que
invertides coas actividades da escola. Que gusto traballar así!!!
Foi un día fantástico, moi canso, pero moi
divertido que é o que realmente importa.
Aquí vos deixo o vídeo coas imaxes de toda a diversión!!!
Día das Letras Galegas
No Pichel, quixemos festexar este gran día
para a nosa comunidade, cunha actividade entrañable á vez que enriquecedora. O
señor Pazos de Merexo, de 86 anos, veu para deleitarnos cun concerto de acordeón no que interpretou cantigas populares.
Pazos é un home moi coñecido e respectado tanto na nosa comunidade, onde
o puidemos ver en diferentes actos ou na TVG, coma no País
Vasco onde colaborou no disco do recoñecido artista Kepa Junkera.
Pazos de Merexo, non viña só, ao seu carón traía
a un rapazolo que tocaba o acordeón coma el é que resultou ser o seu neto.
Qué actividade tan fermosa para festexar o día
das nosas letras e para valorar a importancia
dos nosos maiores e a tradición cultural!!!
Cando este gran artista rematou, os gañadores do concurso de poesía "Se eu fose un río" léronnos os seus poemas.
Aquí vos deixo o vídeo, dun anaquiño da súa actuación, para que desfrutedes tanto coma nós.
A prehistoria en 4 anos
Neste proxecto da prehistoria, non podiamos
pasar por alto a arte. A través da arte descubrimos non só como eran as formas
de vida daquel entón, tamén como era a
sociedade, a cultura, a alimentación, os descubrimentos... xa que nos
seus debuxos plasmaban como era a súa
realidade.
Este é un aspecto que apaixona aos cativos, e
por este motivo decidimos afrontalo como verdadeiros artistas. Deixamos de lado algúns instrumentos típicos de escola e compramos materiais que usan os pintores
profesionais. Entre estes materiais, que vos aconsellaría que probásedes cos
vosos peques, destacamos:
• Papel de esbozo
• Lápices
acuarelables
• Lápices pastel
• Carboncillo
. Pinceis de pelo de marta
. Pinceis de pelo de marta
• Difuminadores
Empezamos pola etapa de investigación:
1. Buscar en
internet o que aparece na obra, neste caso un bisonte. Tecleamos a palabra
bisonte.
2. En imaxes
buscamos o debuxo desexado
3.Accedemos a
páxina que nos enlaza o debuxo e intentamos (coa miña axuda) descifrar de que
se trata, que representa, onde se atopa e a que etapa da prehistoria pertenece.
4. Nunha
ficha ubicámola no mapa de España.
5.Cubrimos a ficha de información.
6.Coloreamos
a etapa prehistórica á que pertenece.
Feito todo isto facemos a nosa propia obra de arte a partires da orixinal que está fotocopiada no papel de esbozo.
Despois deste
primeiro intento continuamos coa obra "Arqueiros", do Neolítico, tal e
como indica o uso de arcos. Esta obra está en Castellón e fixémola con
subraiadores e lápices pastel difuminados cos dedos ou con difuminadores
profesionais.
Este foi o resultado
Espero
que vos gustase o traballo dos vosos peques, a verdade é que quedaron para
enmarcar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









