fondo

jueves, 2 de octubre de 2014

Volta á rutina en 5 anos


Moi boas familias!!!
Despois de un tempo adaptándonos de novo ao cole, volvemos á rutina e ao traballo, sen perder de vista o xogo e o divertimento.
Neste caso quero amosarvos novos materiais que trouxen para a aula: o ábaco e o tangram. Son dous xogos que serven para traballar as matemáticas, a lóxica e en definitiva, aprender a pensar.
A continuación ides ver como empregamos o ábaco para facer sumas e restas (noutro momento amosareivos como o empregamos en historias que lles conto)e o tangram, que en función de como vaian colocando as pezas irán formando unhas figuras ou outras.
Están encantados co novo material e a profe mais!!!






miércoles, 1 de octubre de 2014

Contentísimos coas nosas medallas!

O bo traballo sempre ten a súa recompensa.E este premio ven cheo de sorpresas:unha medalla preciosa, q podemos colgar no pescozo e...aínda por enriba é unha galleta q podemos comer!!!Estaban ricas nenos e nenas?

lunes, 22 de septiembre de 2014

Gañamos o premio!!!

Como ben sabedes gañamos o primeiro premio no concurso da festa da pataca.
E qué contentos estaban hoxe os nenos/as!Por iso, quixemos sacar unha foto coas  figuras q fixemos e co premio q nos deron.
Moitas grazas a todos os papás e mamás pola vosa colaboración!!!

sábado, 20 de septiembre de 2014

Concurso da festa da pataca de 3 anos

Esta semana estivemos moi entusiasmados facendo as nosas patacas e este foi o resultado.A que quedamos guapísimos?

viernes, 19 de septiembre de 2014

As patacas de 5 anos


Moi boas familias!!!!


Este ano, dende o equipo de Voz Natura,  propúxosenos que participaramos nas celebracións da vila, e como non, os pequechos de 5 anos, puxémonos mans á obra!!!
Carla, debeu oír campás e trouxo dúas patacas, eu ía traelas da casa pero así xa as aproveitamos. Empezamos a pensar que podiamos facer para parcipar na tan famosa festa da pataca de Coristanco  e este foi o resultado!!!
Todos fixemos algo e rimos moito!!!!
Temos o gusto de presentarvos a Barbie e Kent de Coristanco!!!


martes, 9 de septiembre de 2014

Inicio de curso

Moi boas familias!!!



O Equipo de educación infantil, queremos darvos a benvida a este novo curso escolar.  Esperamos que nos sigades tanto coma en cursos pasados e que non deixedes de colaborar, cos vosos comentarios, neste blogue .
Este blogue, como outros anos,  aspira a ser unha xanela aberta á que podedes entrar sempre que queirades para ver como os vosos pequenos e pequenas disfrutan e aprenden día a día.

Benvidos a todos e feliz curso escolar!!!