Despois de un tempo
adaptándonos de novo ao cole, volvemos á rutina e ao traballo, sen perder de
vista o xogo e o divertimento.
Neste caso quero
amosarvos novos materiais que trouxen para a aula: o ábaco e o tangram. Son
dous xogos que serven para traballar as matemáticas, a lóxica e en definitiva,
aprender a pensar.
A continuación ides
ver como empregamos o ábaco para facer sumas e restas (noutro momento
amosareivos como o empregamos en historias que lles conto)e o tangram, que en
función de como vaian colocando as pezas irán formando unhas figuras ou outras.
Ohhh que ben ver os nosos nenos en plena faena.Pois o Álvaro non conta nadita menos mal que me entero de algo por outros medios.Por suposto parecenme uns xogos moi interesantes, hai que sacarlle o maximo partido.
ResponderEliminarQue sorpresa cando vin no blog que estades a traballar co ábaco!! Paréceme moi interesante para aprender e ao mesmo tempo que se divirtan, só hai que ver as súas cariñas de felicidade!!
ResponderEliminarDigo igual María...menos mal que ti nos vas informando porque a miña filla non nos contou nada.
Gracias polos comentarios e polos ánimos mamis, e non vos preocupedes que no blog sempre encontrades clarividencia!!! jajajajaj!!!!
ResponderEliminarjajajaja!!! vamos a ter que formar un clube: o das mamás ás que os seus cativ@s non lles contan nada (ainda que eu teño que aclarar que Carlos me falou do "tangan", un invento chino, pero eu quedei como estaba ata agora, jajjaja!!)
ResponderEliminarGraciñas profe por ir informándonos e... completando informacións!
O "tangan" por dios!!! jajajajaj!!!
ResponderEliminarGracias a ti polo teu comentario Laura!!!