fondo

domingo, 19 de octubre de 2014

A protagonista Carla


          Pensabades que o proxecto do protagonista rematara? Pois non,  temos dúas nenas novas que tamén merecen a súa semana máxica así que os seus compañeiros e mais eu xa estamos entregados ao tema desexando que pasen uns días fantásticos e inesquecibles.
     A primeira será a doce e alegre Carla, ao longo da semana irei colgando todas as actividades que lle tocará facer como protagonista indiscutible durante 5 días!!!
Esperamos que nos sigades como facedes sempre!!!!

Luns:
Hoxe a Carla tocoulle facer a coroa que lucirá ao longo de toda a semana. Que emoción, que ganas e que alegría coa súa coroa. A verdade é que é un gustazo verlle a cariña de felicidade.





Como na aula de 3 anos, tamén están con este proxecto, aproveitamos e sacamos unha foto con Pablo, o primeiro prota de 3.





Martes:
      - Hoxe tocou amosar as fotos e falar un pouquiño da familia. A prota explicouse mais que ben, ollade por vós mesmos.








 Ademais Carla tivo o honor de facer o primeiro debuxo na escaiola da nosa Zaira que rompeu un brazo e para animala deixamos as nosas pegadas no seu braciño enfermo.





Mércores:
Hoxe tocou amosar as pertenzas, que alegría señores!!! Así da gusto. O mellor de todo é o contenta que se pon á hora de compartir. Esta nena é todo amor!!!!

Tamén aproveitamos para sacar a foto no mural da prota, así de guapa quedou!!!



Xoves:
A semana está a rematar e con ela o protagonismo da nosa Carla. Hoxe tocou deixar constancia das pegadas das mans, pés e bicos… que risa tía Luísa!!!




Venres:
-Antes de nada pedir desculpas por non publicar antes. Funme de viaxe e non puiden ata o de agora.
- O venres foi un día cheo de emocións, a nai e a avoa de Carla viñeron á aula e acompañáronnos un anaquiño.
- Sol, con moito cariño e delicadeza contou  o conto favorito de Carla e logo cantou unha canción que lle canta a Carla cando está enfermiña.  Carla non daba crédito ao que estaba acontecendo, vergoña, alegría e estupefacción eran os sentimentos que eu destacaría en ela. A porta estaba tan nerviosa que non quixo sentar entre a nai e a avoa, sentou co resto dos seus compañeiros, e iso si, todo o tempo roendo na uñas.
-Carla rompeu unha piñata e deu un detalliño a cada compi, incluída eu. Gracias Carla!!!
- Antes de marchar Sol quixo darlle as grazas a todos os peques por facerlle sentir a Carla especial durante unha semana. 
- A tarde foi super emocionante para todos ao igual que a mañá. Sol trouxo unha tarta para que todos os nenos e nenas comeran na merenda.
Canto mais fago este proxecto mais me gusta!!!! Cantas emocións!!!!














Xa para rematar dicir que espero que Carla pasase unha semana inesquecible e que ao igual que todos e cada un dos seus compañeiros anteriormente a ela, foi unha protagonista exemplar!!!!

9 comentarios:

  1. Que sorpresa tan agradable! Pensé que era una entrada de la clase de 3 años pero no, es de los MAYORES!!!Me encanta este proyecto, espero que las protagonistas y sus familias disfruten de este proyecto como hicimos el resto de la clase hace dos años. Feliz reinado Carla!

    ResponderEliminar
  2. Ohhhh que recordos.Espero que Carla disfrute do seu reinado.Felicidades Carla e que disfrutes moitisimo

    ResponderEliminar
  3. Paréceme unha idea xenial. Será unha experiencia inesquecible tanto para as nenas coma para as súas familias.
    E a sorpresa final que lles dás ti ao final...van a alucinar!!
    Feliz reinado guapísima.

    ResponderEliminar
  4. Sólo con ver a cara de felicidade de Carla, compensa todo o traballo que está por vir. Ao igual que María, penso que este é un proxecto fantástico que repetirei fijo xa que as alegrías a nivel profesional e personal son enormes.

    ResponderEliminar
  5. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  6. Non sei o que fixen co comentario...así que toca repetir:
    O proxecto protagonista, que bos recordos!! Seguro que Carla e a súa familia o disfrutarán moitísimo, e... nos estaremos todos os días seguindo o reinado desta guapa princesiña!
    Disfruta da túa semana Carla!!

    ResponderEliminar
  7. Que ben explicou as fotos!! Encántame verlles a cariña que poñen cando lles fas as pegadas das mans e pés, eu non podería!!!
    Por certo, María quedou namorada dunha foto na que Carla leva unha camiseta moi corta cunha saia tamén cortiña, ela quere unha igual!!
    Disfruta do pouco que che queda de reinado Carla, estou segura que non esquecerás esta experiencia tan bonita.

    ResponderEliminar
  8. Que final de reinado tan emocionante. Seguro que disfrutó muchísimo, pero la vergüenza no se lo dejó demostrar. Pues a Noa la foto que más le gustó fue una de Papa Noel, hasta cuando vieron el libro de la protagonista me volvió a hablar de esa foto.

    ResponderEliminar
  9. Que bonito e emocionante a visita da mami e avoa de Carla.
    De todas as fotos que puxeches dese día quedo cunha que a avoa mira fixamente á súa neta...cunha mirada que vén da alma, unha mirada de amor, felicidade, de orgullo... Como coñezo esa mirada e canto a botamos de menos na nosa casa.
    Disfruta moito da túa avoíña Carla.

    ResponderEliminar