fondo

miércoles, 22 de octubre de 2014

Contacontos

Xa comezaron os contacontos na biblioteca!!!
Hoxe as nenas de 6° contáronnos, aos nenos/as da clase de 3 anos, o conto de "La mejor familia del mundo", que trata dunha nena que non ten familia e busca unha que a adopte.
Encantounos coñecer a biblioteca e estivemos moi atentos...e como os maiores o fixeron tan ben, despedímonos deles cun forte aplauso!

3 comentarios:

  1. Encántame esta iniciativa!!!Seguro que os nen@s maiores disfrutan lendo e interpretando o conto e os nos@s pequen@s escoitándoos. Fomentar a lectura sempre é algo positivo e que aporta moitas cousas: vocabulario, sentimentos, imaxinación...
    Ademáis conseguir que estean quietiños xa ten mérito, polo menos no caso de Lucía. jaja
    Graciñas por facer estas actividades tan enriquecedoras no cole.

    ResponderEliminar
  2. Que bonito é ese conto!! Témolo na casa dende hai moito tempo, moito antes de que as nosas fillas estivesen con nós.
    Dá gusto velos tan quietos...Elena incrible que estea así de atenta!!

    ResponderEliminar
  3. Pois a verdade é que estiveron moi atentos e tranquilos. Encántalles ver aos outros nenos/as representando contos.
    Nuria, eu non coñecía o conto, pero está moi ben para tratar o tema da adopción. Que caladiño o tiña Elena, que non nos dixo nada de que ela coñecía o conto...jajaja

    ResponderEliminar