fondo

domingo, 19 de octubre de 2014

A protagonista Carla


          Pensabades que o proxecto do protagonista rematara? Pois non,  temos dúas nenas novas que tamén merecen a súa semana máxica así que os seus compañeiros e mais eu xa estamos entregados ao tema desexando que pasen uns días fantásticos e inesquecibles.
     A primeira será a doce e alegre Carla, ao longo da semana irei colgando todas as actividades que lle tocará facer como protagonista indiscutible durante 5 días!!!
Esperamos que nos sigades como facedes sempre!!!!

Luns:
Hoxe a Carla tocoulle facer a coroa que lucirá ao longo de toda a semana. Que emoción, que ganas e que alegría coa súa coroa. A verdade é que é un gustazo verlle a cariña de felicidade.





Como na aula de 3 anos, tamén están con este proxecto, aproveitamos e sacamos unha foto con Pablo, o primeiro prota de 3.





Martes:
      - Hoxe tocou amosar as fotos e falar un pouquiño da familia. A prota explicouse mais que ben, ollade por vós mesmos.








 Ademais Carla tivo o honor de facer o primeiro debuxo na escaiola da nosa Zaira que rompeu un brazo e para animala deixamos as nosas pegadas no seu braciño enfermo.





Mércores:
Hoxe tocou amosar as pertenzas, que alegría señores!!! Así da gusto. O mellor de todo é o contenta que se pon á hora de compartir. Esta nena é todo amor!!!!

Tamén aproveitamos para sacar a foto no mural da prota, así de guapa quedou!!!



Xoves:
A semana está a rematar e con ela o protagonismo da nosa Carla. Hoxe tocou deixar constancia das pegadas das mans, pés e bicos… que risa tía Luísa!!!




Venres:
-Antes de nada pedir desculpas por non publicar antes. Funme de viaxe e non puiden ata o de agora.
- O venres foi un día cheo de emocións, a nai e a avoa de Carla viñeron á aula e acompañáronnos un anaquiño.
- Sol, con moito cariño e delicadeza contou  o conto favorito de Carla e logo cantou unha canción que lle canta a Carla cando está enfermiña.  Carla non daba crédito ao que estaba acontecendo, vergoña, alegría e estupefacción eran os sentimentos que eu destacaría en ela. A porta estaba tan nerviosa que non quixo sentar entre a nai e a avoa, sentou co resto dos seus compañeiros, e iso si, todo o tempo roendo na uñas.
-Carla rompeu unha piñata e deu un detalliño a cada compi, incluída eu. Gracias Carla!!!
- Antes de marchar Sol quixo darlle as grazas a todos os peques por facerlle sentir a Carla especial durante unha semana. 
- A tarde foi super emocionante para todos ao igual que a mañá. Sol trouxo unha tarta para que todos os nenos e nenas comeran na merenda.
Canto mais fago este proxecto mais me gusta!!!! Cantas emocións!!!!














Xa para rematar dicir que espero que Carla pasase unha semana inesquecible e que ao igual que todos e cada un dos seus compañeiros anteriormente a ela, foi unha protagonista exemplar!!!!

viernes, 17 de octubre de 2014

Anatomía en 5 anos


Estes días estamos a traballar partes do corpo, músculos, osos... e como sempre o meu alumnado non deixa de sorprenderme, están interesadísimos pola anatomía.
Visto que o tema lles chamaba tanto a  atención decidín traer uns xoguetiños novos á aula. Que sorpresa levaron, todos querían tocar, ver... estaban emocionadísimos e Samuel todo o tempo preguntándome polas plaquetas. Xa me vexo facéndome un corte e traendo un microscopio para que Samu observe as plaquetas que lle chamaron tanto a atención cando lle dixen que  estaban no sangue e que facían de barreira cando nos facíamos unha ferida!!!
Algún me sairá médico ou médica, jajajaja!!!  








jueves, 9 de octubre de 2014

Continuamos coas rutinas en 5 anos


Moi boas familia!!!

 
As rutinas dan para moito porque aínda que facemos mais ou menos as mesmas que en 4 anos, o grado de dificultade cambia. Estes peques poden con todo e senón ollade!!!
En primeiro lugar veremos a Carlos que nos amosa como fai a rutina de escribir a palabra.  Nesta rutina introducín un elemento novo, o dicionario.
 

Agora veremos a Álvaro, o curso pasado traballabamos sílabas de 2 dúas letras e este curso empezamos coas sílabas de 3 letras.

 

Agora Noa, que a súa cabeciña non para, e mirade o que fixo…. Eu quedei abraiada!!!


domingo, 5 de octubre de 2014

Rutinas de aula en 5 anos

Moi boas familias!!

Un ano mais seguimos coas rutinas de aula. O ano pasado xa vos amosei todas as actividades que levamos a cabo cando chegamos á aula. Este ano quero  que  vexades as modificacións que se introduciron así como novas rutinas.
Cada vez somos mais maiores e mais listos así que temos que ir complicando as cousas!!!

En primeiro lugar quero que vexades a Uxía facendo a rutina dos números:



Agora unha rutina nova, sumas e restas que nos fai Carol. 


Pouco a pouco irei amosando as demais.