fondo

sábado, 29 de noviembre de 2014

Cumple Dani C

Tivemos a celebración do cumple de Dani...Parabéns!!!
O bizcocho estaba tan bo, que os nenos/as quixeron repetir.
Aínda que me custou un pouquiño sacar a Dani cun sorriso(jiji), ahí vos deixo unhas fotos...A seguir disfrutando a fin de semana do teu día.Un biquiño.

lunes, 24 de noviembre de 2014

Protagonista da semana:GAEL

Esta semana tócalle a Gael ser o protagonista...e como non, está tan ilusionado como todos os nenos/as que xa pasaron por este momento.Encántame ver aos nenos/as tan ilusionados na aula, non sabedes a ilusión que me fai ver as ganas que teñen de que lles chegue o seu momento e aínda é máis emocionante ver o que disfrutan os papás e ver todo o que vos implicades.
Grazas de verdade, sin vós este proxecto no tería o mesmo sentido.
E AQUÍ TEMOS O VÍDEO DE GAEL QUE RESUME A SÚA SEMANA DE PROTAGONISMO:

martes, 18 de noviembre de 2014

Protagonista da semana:DANI CANEDO

Dani ensinounos as súas cousiñas con moita ilusión:encantoulle traer cousas de cando era bebé e ademais quedounos claro que é seguidor do Barça...jiji.
Disfruta moito de esta semana.



AQUÍ TEDES O VÍDEO DE DANI CANEDO:


domingo, 16 de noviembre de 2014

O outono en 5 anos



Como remate de semana traémosvos a festa de degustación con todos os produtos que amablemente doastes.
Este vídeo contén ademais unha pequena observación que fixemos no patio con motivo da chegada do outono.

Con esta actividade o que pretendemos foi concienciar da chegada do outono, que coñezan algúns alimentos que trae consigo esta estación e o mais importante, que os proben. Non conseguín isto último con algunha teimuda de 5 anos pero non cesarei no meu intento, jajajajaja!!!


jueves, 13 de noviembre de 2014

Romaría en 5 anos


Esta semana estamos que o tiramos: romaría, teatro e degustación de produtos do outono, alguén da mais… puffff!!!!

En canto ao teatro dicir que nos encantou, non temos fotos xa que non nos deixaron sacar pero bueno, se preguntades aos vosos pequenos e pequenas seguro que vos falan marabillas desta obra. A verdade é que esta compañía é fantástica en tódolos sentidos, nos contidos que trata, na calidade da posta en escena, no agarimo co que trata ó mundo infantil… en fin, un 10 para a compañía Baobab.

No relativo á romaría  comentar que foi unha pena non poder facela no dolmen xa que o entorno é inigualable. Aínda así non nos faltou de nada, castañas, gaiteiros, home orquestra e o grande, grandísimo Anxo Moure.

A continuación amósovos dous vídeos desta celebración:
 
 
 

 

En canto á degustación mañá saberase a verdade; teremos grandes comedores de produtos do outono ou non?, que opinades?

O MAGOSTO E A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO EN 3 ANOS



O 7 de novembro celebramos o Magosto no cole...e qué ben o pasamos!
Pasámolo tan ben que repetimos esta celebración indo de excursión á Romaría de San Martiño que organizou o Concello de Cabana. Espero que disfrutedes moito do vídeo.





O propio Concello tamén colgou un vídeo do contacontos de Anxo Moure na súa páxina web, que podedes ver a continuación: 


Reproducir vídeo



miércoles, 12 de noviembre de 2014

Saída ao teatro...(Compañía Baobab)

Hoxe fomos  ver unha obra de teatro da compañía Baobab...a obra titulábase MARTES.
Pasámolo de marabilla.Encantounos a obra e rímonos un montón!

Este é o argumento da obra: