Na SEMANA DAS LETRAS a profe Lorena deleitounos cun obradoiro de música que nos encantou a todos: alumnos e mestres.
Pasámolo tan ben que aquí vos deixamos unha pequena mostra da actividade:
MOITAS GRAZAS LORENA!!
DISFRUTAMOS UN MONTÓN!!
Podedes ver tódolos videos deste día de baile e diversión no blog da nosa Biblioteca : http://biblioxosepichel.blogspot.com.es/
fondo
viernes, 24 de mayo de 2013
martes, 21 de mayo de 2013
Proxecto protagonista
Hoxe tocou amosar as fotos e a coroa. Os nenos quedaron alucinados e
pensaban que lles estaba gastando unha broma.
Amoseilles fotos de cando era unha bebé, da
infancia en xeral e por último da miña voda. Como seguro vos pasa a todos os
que xa temos unha certa idade, as miñas fotos están en álbum e nese álbum pois
teño as típicas de “acabada de saír da bañeira”,
MENUDA FESTA!!!! Qué graza
lles fixo a todos, en especial a Samuel
que só quería ver esas, as demais dábanlle igual. Jajajajaj.
Tamén me pintaron a coroa, aínda non está rematada, así que a foto terá que esperar. Disfrutaron moito pintándoa, deulles para pouco, porque todos participaron, pero… unha coroa non da para moito. Jajajjaja!!!
Mércores
Hoxe tocaba amosar os obxectos e xoguetes preferidos, á miña
idade os xoguetes xa son outros e como colecciono contos pensei en Anxo Moure
cando dicía: “os contos son o alimento preferido da imaxinación”.
Ós cativos disfrutaron un montón, ainda non lles deu tempo a velos todos,
pero, tempo ao tempo.
Xoves:
Dou por
rematado o meu reinado coa impresión das miñas pegadas. Qué
horrorrrrrr!!!!! Unha
sensación entre frío, cóxegas…. Tremendos foron os meus alumnos, algún, como
Carlos, foi a malicia a facer cóxegas a conciencia, outros foron mais compasivos
ao ver as miñas caras.
Non ímos ter
visita, como comprenderedes, jajajjaja. Moitas grazas polos ánimos familias,
foi un pracer ser raíña por unha semana.
jueves, 16 de mayo de 2013
CONTACONTOS
A VODA DOS RATOS
O martes 14 de maio tivemos un fermosísimo contacontos representado por dúas alumnas da E.S.O., SARA e NEREA. Gustounos moito a vosa visita. MOITAS GRAZAS!
Podedes ver nestes videos o ben que o pasamos...
miércoles, 15 de mayo de 2013
Día da familia
Non importan qué
membros nin cantos membros configuran
unha familia, o realmente importante son o valores que se transmiten e se viven
no seu seo así como, o sentimento de felicidade que nos deixa como herdanza.
Por este motivo,
no cole celebramos hoxe, día 15 de maio, o “DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA”.
Houbéranos gustado, de corazón, poder celebralo con todos vós pero as
predicións meteorolóxicas non no lo permitiron.
Tiñamos programado
un día con vós, un día para compartir, pero antes de que acabe o curso farémolo
realidade e por ese motivo esperamos contar coa vosa presenza.
martes, 14 de mayo de 2013
Semana das letras galegas
Na semana das letras
galegas, temos programadas un montón de actividades. Entre elas están os
contos, os contos en galego.
O luns tivemos a grandísima
sorte de contar con Anxo Moure un mago da
palabra que levou a nosa imaxinación ao infinito, que nos fixo disfrutar como
ananos e que nos desvelou a importancia de ler todos os libros, de querelos, de
vivilos, de sentilos, porque ler é a única forma de vivir mil veces. Qué grande Anxo!
Anxo vive en Chantada, ten a
única biblioteca, que existe no mundo, pendurada dunha árbore e todos podemos
visitala, tamén ten unha biblioteca sobre rodas, xa que a leva en bici.
Invítovos a que o busquedes na rede, é moi interesante.
Aquí vos deixo o vídeo da
súa visita, cando teña o vídeo con audio colgareino nesta mesma entrada.
Mostramos varios videos que demostran o dito
O martes, alumnas de secundaria viñeron a
contar aos peques de infantil o conto “a voda dos ratos”. Fixérono moi ben, ao
final a ratiña casou con quen tiña que casar, gañou o amor nesta historia. Jajajajja!!!!
O mércores temos conto tamén,
pola mañá, no edificio multiúsos de Coristanco e pola tarde serán os alumnos de
terceiro os que nos amosarán o seu bo facer.
lunes, 13 de mayo de 2013
proxecto protagonista
Isto
chegou ao seu fin, foi un pracer dos grandes, compartir estas experiencias cos
pequenos e pequenas e con vós, moitas grazas por todo o que me destes, por todo
o que lles destes aos vosos fillos, por todo o que aportastes e vos
molestastes, por emocionarvos e por emocionarme, por deixarme entrar na privacidade
das vosas vidas… en definitiva por educar en comunidade que é o verdadeiro sentido de toda educación.
O
obxectivo mais importante deste proxecto, a parte de coñecervos e familiarizarme
con vós, era facer felices e importantes aos peques porque como dicía Oscar
Wilde “o
mellor medio para facer bos aos nenos é facelos felices”
Aquí vos
deixo un pequeno recordatorio do que foi este “Proxecto do
Protagonista”.
domingo, 5 de mayo de 2013
Proxecto protagonista
O luns estreamos
protagonista, quedou para o final a
pequerrecha e imparable Enia.
Feliz reinado cativiña!!!!
Martes:
Hoxe foi un día de non
parar como poderedes ver no vídeo, eso sí, antes de nada comentar: COMO FALA ESTA PEQUENA!!!!!! Creo que hoxe lle
escoitei mais palabras que en todo o
curso. Bea que creo que vas ter que vir para a clase tódolos días!!!! Ela
dirixía todo o cotarro, incrible!!!!! QUÉ CARÁCTER CHICO!!!! Pasámolo todos en
grande. Moitas
grazas a Bea, Isabel e Borja. (non esquezades aumentar a pantalla do vídeo para non perder detalle)
Mércores:
Seguimos co reinado desta pequerrecha tan feita. Hoxe tocou amosar as pertenzas mais preciadas. Tivemos de
todo: contos, xogos e xoguetes, roupa e ata braguiñas. Jajajjaja.
Encantoume!.
Xoves:
Aínda que hoxe foi día de folga, a
protagonista non pode quedar sen o seu post. Onte fixemos os deberes e Enia
riu un montón facendo as súas tarefas. Cómo disfrutou e como disfrutei
facéndolle cóxegas.
E ata aquí o reinado desta preciosidade de nena, un amorrrrr!!!! Mañá entrega do libro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)