Na semana das letras
galegas, temos programadas un montón de actividades. Entre elas están os
contos, os contos en galego.
O luns tivemos a grandísima
sorte de contar con Anxo Moure un mago da
palabra que levou a nosa imaxinación ao infinito, que nos fixo disfrutar como
ananos e que nos desvelou a importancia de ler todos os libros, de querelos, de
vivilos, de sentilos, porque ler é a única forma de vivir mil veces. Qué grande Anxo!
Anxo vive en Chantada, ten a
única biblioteca, que existe no mundo, pendurada dunha árbore e todos podemos
visitala, tamén ten unha biblioteca sobre rodas, xa que a leva en bici.
Invítovos a que o busquedes na rede, é moi interesante.
Aquí vos deixo o vídeo da
súa visita, cando teña o vídeo con audio colgareino nesta mesma entrada.
Mostramos varios videos que demostran o dito
O martes, alumnas de secundaria viñeron a
contar aos peques de infantil o conto “a voda dos ratos”. Fixérono moi ben, ao
final a ratiña casou con quen tiña que casar, gañou o amor nesta historia. Jajajajja!!!!
O mércores temos conto tamén,
pola mañá, no edificio multiúsos de Coristanco e pola tarde serán os alumnos de
terceiro os que nos amosarán o seu bo facer.
¡Que video mais bonito!,que risas de verdade,pero de verdade,ben certo que a risa dos nenos son o mais bonito que existe
ResponderEliminarEl trimestre de los cuentos. Qué bien se lo pasan con los cuentacuentos! y para eso hay que valer porque los niños, aunque no lo parezcan, son un público muy difícil.
ResponderEliminarDimo a min que hoxe fomos a ver un e cando a contacontos preguntou se lles gustara, a maioría díxo: "nooooooonnnnn". jajajjaja
EliminarPobre cuentacuentos! Estos críos son terribles!
EliminarAiss!!! non quixera ser nese momento a contacontos..., pobre!!
EliminarMenos mal que esta o blog, porque si non eu non me enteraba de nada!!
ResponderEliminarQue video mais chulo, que ben o pasaron!!
Ahora entendo porque estas duas noites foi Carlos o que nos contou un conto, pero sen libro! jejejej
Un contacontos mais. jajajajja.
EliminarQué cariñas de felicidade!!! qué ben o pasaron!!!
ResponderEliminarCoa nosa filla empezamos a decatarnos dalgunha cousa, o que pasa é que aínda se fai un pouco de lío, díxonos o luns que veu un señor a ler un conto pero en vez de dicir que se chamaba Anxo dixo que se chamaba Roberto igual que o seu papá, jajaja!!!
Bravo polo traballo de Anxo Moure.
jajajajajaj, Roberto é o escritor ao que se adica este ano o día das letras galegas. jajajajajaja. Me parto!!!!. Demasiada información xunta.
EliminarFaleilles das letras galegas e díxenlles que cada ano se adica este día a un escritor e amoseilles a foto de Roberto Vidal Bolaño. María dixo, "se llama como mi papa". Agora para intentar que se acorden do nome do escritor dígolles que se chama como o papá de María. Por este motivo ese rebumbio de ideas. jajjajajaja.