Hoxe tocou amosar as fotos e a coroa. Os nenos quedaron alucinados e
pensaban que lles estaba gastando unha broma.
Amoseilles fotos de cando era unha bebé, da
infancia en xeral e por último da miña voda. Como seguro vos pasa a todos os
que xa temos unha certa idade, as miñas fotos están en álbum e nese álbum pois
teño as típicas de “acabada de saír da bañeira”,
MENUDA FESTA!!!! Qué graza
lles fixo a todos, en especial a Samuel
que só quería ver esas, as demais dábanlle igual. Jajajajaj.
Tamén me pintaron a coroa, aínda non está rematada, así que a foto terá que esperar. Disfrutaron moito pintándoa, deulles para pouco, porque todos participaron, pero… unha coroa non da para moito. Jajajjaja!!!
Mércores
Hoxe tocaba amosar os obxectos e xoguetes preferidos, á miña
idade os xoguetes xa son outros e como colecciono contos pensei en Anxo Moure
cando dicía: “os contos son o alimento preferido da imaxinación”.
Ós cativos disfrutaron un montón, ainda non lles deu tempo a velos todos,
pero, tempo ao tempo.
Xoves:
Dou por
rematado o meu reinado coa impresión das miñas pegadas. Qué
horrorrrrrr!!!!! Unha
sensación entre frío, cóxegas…. Tremendos foron os meus alumnos, algún, como
Carlos, foi a malicia a facer cóxegas a conciencia, outros foron mais compasivos
ao ver as miñas caras.
Non ímos ter
visita, como comprenderedes, jajajjaja. Moitas grazas polos ánimos familias,
foi un pracer ser raíña por unha semana.















































