fondo

jueves, 18 de diciembre de 2014

Chega o Nadal...

Ola familias!!!
Durante todo este mes traballamos moito para que nos dera tempo a rematar todas as cousas do Nadal.
Fixemos unhas árbores preciosas,as postais, os adornos para a nosa panxoliña...e por suposto os ensaios, que foron moitos!Uns saíron peores e outros mellores...jajaja.Mañán é o gran día e estou segura de que vai ser todo un éxito.
Hoxe como premio de todo este esforzo fixemos unha festa na aula para despedir o ano 2014...con campanadas,brindis,música...no faltou de nada!E os nenos pasárono en grande.

Escoitamos as campanadas, pero en vez de con uvas, con gusanitos que nos gustan máis.Logo fixemos un brindis...e por último bailamos e cantamos moitas panxoliñas.

Os nenos/as disfrutaron moito e non podedes imaxinar o ben que se portaron, que ata foron capaces de esperar sin comer ningún gusanito mentras eu non rematara de repartirllos a todos.

Moitas gracias aos nenos/as polos grandes momentos vividos, ás familias por implicarse tanto e colaborar e, por suposto, a María que foi unha grande axuda durante todo este tempo.Con moita pena mañán toca despedila.

Disfrutade moito do festival e BO NADAL a todos.


lunes, 1 de diciembre de 2014

Protagonista da semana...JAIME

Hoxe tócalle a Jaime!E q ilusionado está.Hoxe xa quería ensinarnos as súas fotos, pero mellor reservámolo para mañán.
Encantoulle ensinar todos os xoguetes q trouxo na súa caixa, pero as cousas q lle produciron moita ilusión, foi a roupacde cando era bebé...encantoulle!
Agora, tócache disfrutar moito!  
Con un pouco de retraso, pero aquí tedes o vídeo de Jaime: 

sábado, 29 de noviembre de 2014

Cumple Dani C

Tivemos a celebración do cumple de Dani...Parabéns!!!
O bizcocho estaba tan bo, que os nenos/as quixeron repetir.
Aínda que me custou un pouquiño sacar a Dani cun sorriso(jiji), ahí vos deixo unhas fotos...A seguir disfrutando a fin de semana do teu día.Un biquiño.

lunes, 24 de noviembre de 2014

Protagonista da semana:GAEL

Esta semana tócalle a Gael ser o protagonista...e como non, está tan ilusionado como todos os nenos/as que xa pasaron por este momento.Encántame ver aos nenos/as tan ilusionados na aula, non sabedes a ilusión que me fai ver as ganas que teñen de que lles chegue o seu momento e aínda é máis emocionante ver o que disfrutan os papás e ver todo o que vos implicades.
Grazas de verdade, sin vós este proxecto no tería o mesmo sentido.
E AQUÍ TEMOS O VÍDEO DE GAEL QUE RESUME A SÚA SEMANA DE PROTAGONISMO:

martes, 18 de noviembre de 2014

Protagonista da semana:DANI CANEDO

Dani ensinounos as súas cousiñas con moita ilusión:encantoulle traer cousas de cando era bebé e ademais quedounos claro que é seguidor do Barça...jiji.
Disfruta moito de esta semana.



AQUÍ TEDES O VÍDEO DE DANI CANEDO:


domingo, 16 de noviembre de 2014

O outono en 5 anos



Como remate de semana traémosvos a festa de degustación con todos os produtos que amablemente doastes.
Este vídeo contén ademais unha pequena observación que fixemos no patio con motivo da chegada do outono.

Con esta actividade o que pretendemos foi concienciar da chegada do outono, que coñezan algúns alimentos que trae consigo esta estación e o mais importante, que os proben. Non conseguín isto último con algunha teimuda de 5 anos pero non cesarei no meu intento, jajajajaja!!!


jueves, 13 de noviembre de 2014

Romaría en 5 anos


Esta semana estamos que o tiramos: romaría, teatro e degustación de produtos do outono, alguén da mais… puffff!!!!

En canto ao teatro dicir que nos encantou, non temos fotos xa que non nos deixaron sacar pero bueno, se preguntades aos vosos pequenos e pequenas seguro que vos falan marabillas desta obra. A verdade é que esta compañía é fantástica en tódolos sentidos, nos contidos que trata, na calidade da posta en escena, no agarimo co que trata ó mundo infantil… en fin, un 10 para a compañía Baobab.

No relativo á romaría  comentar que foi unha pena non poder facela no dolmen xa que o entorno é inigualable. Aínda así non nos faltou de nada, castañas, gaiteiros, home orquestra e o grande, grandísimo Anxo Moure.

A continuación amósovos dous vídeos desta celebración:
 
 
 

 

En canto á degustación mañá saberase a verdade; teremos grandes comedores de produtos do outono ou non?, que opinades?

O MAGOSTO E A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO EN 3 ANOS



O 7 de novembro celebramos o Magosto no cole...e qué ben o pasamos!
Pasámolo tan ben que repetimos esta celebración indo de excursión á Romaría de San Martiño que organizou o Concello de Cabana. Espero que disfrutedes moito do vídeo.





O propio Concello tamén colgou un vídeo do contacontos de Anxo Moure na súa páxina web, que podedes ver a continuación: 


Reproducir vídeo



miércoles, 12 de noviembre de 2014

Saída ao teatro...(Compañía Baobab)

Hoxe fomos  ver unha obra de teatro da compañía Baobab...a obra titulábase MARTES.
Pasámolo de marabilla.Encantounos a obra e rímonos un montón!

Este é o argumento da obra:





martes, 11 de noviembre de 2014

O magosto en 5 anos


Boas familia!!!

Un magosto mais aquí estamos para amosarvos o ben que o pasamos nesta celebración, que non pode faltar en ningún cole. Comemos castañas, xogamos con castañas  e todo con castañas. Espero que vos guste o vídeo!!!
 

lunes, 10 de noviembre de 2014

Protagonista da semana:MATEO CANCELA

Ola papás e mamás!
Seguimos con este proxecto que tanto vos gusta e a min cada vez máis por ver o entusiasmados que están os nenos/as e ver todo o que vos implicades vós.
Esta semana tócalle a Mateo Cancela...e non vexades o contento que estaba hoxe, non quería quitar a medalla do protagonista nin para ir para casa...jajaja.



Xa rematou a súa semana e como recompensa, aquí ten o seu vídeo. Espero que vos guste.

miércoles, 5 de noviembre de 2014

AULA DE 3 ANOS:"que somos?"


A nosa aula, este ano, vai estar centrada no tema e e ds cltuaiso a aula está distribuida en tres grupos:unha mesa é China;outra, é África; e a última é o Polo Norte (cada neno/a escolleu a qué mesa quería pertencer).
A miña intención é coñecer aspectos de estes tres lugares referidos a gastronomía, fauna, vestimenta, festas tradicionais, características físicas das persoas q viven alí...

María será a encargada de introducir o tema e para iso durante esta semana vainos relatar contos de diferentes países para que tomemos conciencia de que dependendo do lugar donde vivamos, as costumes son diferentes.

Os dous primeiros contos faláronnos de dous nenos (Inés e Nolo) que viven en África e cóntannos cómo viven eles alí, qué comen, ao que lles gusta xogar...

Descubrimos que en África unha das comidas típicas é a iuca e as profes trouxeron unha a clase para que víramos como é, cál é a súa forma, qué color ten...

E tamén a degustamos, xa que hoxe comimos iuca frita. Qué éxito tivo porque os nenos/as probárona e quixeron repetir.

A Inés e a Nolo gústalles moito facer colares con macarróns e nós tamén estamos a facer os nosos. Xa vos ensinaremos o resultado final...

lunes, 3 de noviembre de 2014

Elena é a protagonista!!!

Elena ensinounos hoxe todas as cousas que meteu na caixa do protagonista e fíxoo con gran entusiasmo.
Tan pronto entrou pola porta da aula xa nos quixo contar que trouxera a Minnie...jajaja, non podía aguantar máis para contalo.
Está claro que Minnie gústalle moito, pero trouxo un maletín de perruquería que amosou con moitas ganas...ata quixo peitear á profe e secarlle o pelo co seu secador,q funciona de verdade!
Ademais trouxo a súa peli preferida (Dora),que hoxe nos viu de marabilla porque co que choveu...puidemos vela na hora do recreo.
Gracias Elena por compartir con nós todas as túas cousas!!!
 
 
Déixovos un vídeo onde podedes ver todas as cousas que fixemos con Elena na súa semana do protagonista: 
 

A protagonista Leonor



Empezamos cunha nova protagonista que á vez é a nosa nova compañeira, ela é Leonor. Ao longo desta semana iremos coñecendo mais a esta pequecha,. Esperamos que vos guste!!!!


Luns:
Hoxe tocou decorar a coroa a prota desfrutou moito facéndoa e os seus compis non lle sacaban o ollo de encima e dábanlle indicacións e todo!!! Claro, como eles xa a fixeron antes!!!!!

Tamén quixemos sacar unha foto coa nova protagonista de 3 anos, Elena!!!!


Martes:

A prota amosou as fotos. Coñecemos á súa nai, pai e irmá, decatámonos do moito que lle gustan os disfraces e tamén coñecemos aos seus compis do cole antigo.

 

Mércores:

Hoxe tocou amosar as pertenzas: o conto, o obxecto do que non se separa, a roupa favorita e o xoguete que mais lle gusta
 
 

Xoves:

Hoxe foi o turno das pegadas; mans, pes e bicos. Non o ides crer pero a nosa prota non ten cóxegas. Aínda así disfrutou moito facendo esta actividade.

Mañá a sorpresa final coa visita de Alejandra, a nai de Leo.

 
 
Venres:
Hoxe foi o gran día, o da visita esperada. Alejandra, a nai de Leo veu a contarnos 2 contos. Os nenos e nenas estiveron super atentos e Leo… a súa cariña dicíao todo.
Moitas grazas Alejandra por vir a compartir un anaquiño con nós.

E ata aquí os protagonismos deste curso.  Ata novos protagonismos, moitas grazas a todos por seguirnos!!!!

O samaín en 5 anos


Moi boas familias!!!
Vimos de celebrar o Samaín e temos  moitas cousas que amosarvos:

  • As cabazas
  • A maquillaxe
  • Os contos de medo
  • A decoración da aula e da entrada do centro
Esperamos que vos guste!!!

Empezamos pola decoración, este ano a cousa foi de momias!!!


Agora as cabazas, cada ano superádesvos  familias!!!


E que dicir da maquillaxe, estaban nerviosísimos por maquillarxe, incluso tiven que retocalos xa que non querían despintarse nin un chisquiño!!!!




Por último os contos de medo que nos viñeron a contar os compis de 6º curso!!!

 
Bueno, una sorpresiña mais, ides ver aos vosos peques como disfrutan bailando a cantiga do esqueleto!!!!

Esfolla, filloas e follados!!!


Moi boas familias!!!

 
 
Faolliuns días, tivemos  a sorte de que homes e mulleres de Coristanco, nos viñeran amosar como é proceso de recollida e esfollado do millo e que produtos se podían elaborar a partires deste cereal.

Aquí vos deixo o vídeo testemuña de todo isto!!!
 
 
 
E tamén algunha fotiña da comilona!!!! Que ricas estaban as filloas e tamén os follados!!!
 
 
Os nenos e as nenas de 3 anos tamén participamos na esfolla e por suposto tamén  comemimos filloas:aínda q houbo algún que non as quixo probar, pero a outros gustáronlles tanto que quixeron repetir.


E ademais saímos no xornal e  ollade qué guapos saímos!!!

lunes, 27 de octubre de 2014

Achégase o Samaín...

Xa comezamos a decorar o cole e por suposto a porta da nosa aula tamén!!!
Qué fermosa quedou a nosa bruxa.Chámase Seleta e é a protagonista do conto q inventamos nós mesmos para o concurso de contos de medo...qué vos parece?

miércoles, 22 de octubre de 2014

Contacontos

Xa comezaron os contacontos na biblioteca!!!
Hoxe as nenas de 6° contáronnos, aos nenos/as da clase de 3 anos, o conto de "La mejor familia del mundo", que trata dunha nena que non ten familia e busca unha que a adopte.
Encantounos coñecer a biblioteca e estivemos moi atentos...e como os maiores o fixeron tan ben, despedímonos deles cun forte aplauso!

lunes, 20 de octubre de 2014

O potagonista da semana:PABLO

Comezamos o proxecto do protagonista...e esta semana tocoulle a Pablo!Qué ilusionado veu hoxe ao cole coa caixa chea dos seus recordos e qué atentos estaban os demais vendo como Pablo nos ensinaba todas as súas cousas.
Hoxe falounos de todas as fotos q trouxo, ensinounos o contido da caixa, contounos un dos seus contos preferidos("Caillou") e por suposto fixo a súa medalla do protagonista.
Durante toda a semana seguiremos traballando neste proxecto e ao final da semana colgarei un vídeo con todas as cousas que se fixeron na aula. Un saúdo familias!!!
O VÍDEO DE PABLO :
Este vídeo recolle as actividades que fixemos con pablo na aula durante toda a súa semana. Espero que lle guste moito e o disfrute. Un biquiño para o protagonista de esta semana.