fondo
viernes, 28 de febrero de 2014
sábado, 15 de febrero de 2014
Os namorados de 4 anos
Como xa sabedes
onte foi o día de San Valentín. No Pichel somos
moi cariñosos e románticos e non quixemos deixar parar este día. Para celebralo
pintamos uns corazóns que supoño que xa estarán nas mans dos seus
destinatarios, debuxamos un corazón no chan e colocámonos enriba para sacar a
foto e por último fixemos un vídeo moi simpático. ( ides ter que torcer un
pouco a cabeza para velo porque ata o de agora
non descubrira que só podo facer vídeos coa cámara en posición horizontal.
Jajjajja!!! Síntoo!!!!)
A prehistoria en 4 anos
Moi boas familia!!!
Aquí estou de novo para comentarvos que
tivemos un remate de semana emocionante. - Coma sempre fixemos traballo de investigación, tamén vimos unha peli sobre o home de Neanderthal, limos palabras relacionadas coa temática e fixemos traballo sobre o papel.
- Álvaro trouxo unha nova arma, neste caso unha “onda”, veredes como explica que é e para qué sirve no vídeo de mais abaixo.
A profe María Dolores tamén nos trouxo un fósil que lle emprestou
un amigo. Impresionaba ver o tamaño e
comprobar o peso. Tamén vos fixen un vídeo para que olledes a reacción
dos vosos peques.
E por último tivemos unha visita, os nenos e
nenas de 3 anos viñeron a ver a nosa exposición prehistórica. Gustoulles
moito!!!
jueves, 13 de febrero de 2014
A prehistoria en 4 anos
Moi boas familias!!!
Outra semana mais aquí seguimos coa
prehistoria. Neste caso amósovos novas aportacións e o traballo desta semana.
Empezamos coas aportacións:
Para empezar preséntovos as trogloditas Ángela e Uxía. Mirade que guapas se nos puxeron. Xa están preparadas para o Entroido!!!
Álvaro púxose mans á obra, nunca mellor dito, e aportou esta pintura rupestre tan colorida.
Samuel trouxo outro conto da prehistoria. Agora non se pelexarán por ler o mesmo conto. Xa temos 3 deste exemplar.
Esta semana seguimos co Homo Erectus porque este antepasado trae consigo
moitaaaaaaa información!!!! Aprende a cazar, descubre o lume, empeza a facer
cabañas, móvese de África (onde nace) cara Europa e Asia, descobren ao primeiro
fósil de Erectus en Java (Indonesia), xorden novos animais como o mamut, o
rinoceronte lanudo, o león, o lobo, a hiena, o cabalo e o elefante… Puffff!!! Moi
denso é este homínido tan alto.
Empezamos por escribir e ler diferente
palabras: Erectus, Java...
Fixemos fichas como por exemplo:
Cantamos a canción do troglodita (que xa coñecedes) e a canción de Espinete (premede encima da palabra para escoitala)
Tamén fixemos pasatempos prehistóricos na PDI. Premede o enlace para velos ou xogar cos peques:
lunes, 10 de febrero de 2014
A prehistoria en 4 anos
Moi boas familias!!!
Un
día mais dicirvos o agradecidísima que estou
con todos vós por todo o que estades aportando a este proxecto. Mil
grazas, mil grazas e mil grazas!!!
Hoxe
cando cheguei ao cole dúas intrépidas mamás estaban esperándome para aportar ao
proxecto novos materiais. Contábanme entre risas todo o que traballaran elas,
os maridos e as cativas e o ben que o
pasaran facéndoo. Qué alegría oír iso!!!
Ollade
e veredes que cousas mais chulas!
Mirade
como disfrutaron!!!
Mirade
como disfrutaron!!!
No
cole hoxe escribimos a palabra raspador
(xa houbo quen a leu) e explicamos o qué era e para qué o usaban os homes e
mulleres da prehistoria.
Tamén
fixemos esta ficha do homo eructus e investigamos un pouco sobre él. María Liu dí que é tan alto como Pipo.
viernes, 7 de febrero de 2014
Que tal familias!!! O igual que na clase de 3 e 4 anos, os nen@s de 5 anos comezamos co proxectos da Prehistoria. Os cativos xa comezaron a traer cousas relacinadas co tema para facer o noso recuncho na aula: contos, vídeos, algunhas ferramentas, información...e moitas máis cousas que seguirán a traer, polo que vos dou as grazas pola vosa colaboración porque senón todo isto non sería posible.
Despois de visualizar a peli "NACE LA TIERRA", na que observamos e aprendemos moitas cousas dende que apareceu a vida ata a aparición do home (prehistoria), realizamos a actividade do BIG BANG. Foi todo un éxito!!! Como disfrutamos!!!
jueves, 6 de febrero de 2014
A prehistoria en 4 anos
Moi boas familias!!!!
Hoxe foi un día malo, malo en canto ao tempo,
pero moi bo en canto a aportacións. Unha vez mais quedo sen palabras. Sodes
formidables!!!
Hoxe foi o turno de Carlos e trouxo unha SUPER
maqueta dun asentamento prehistórico. Díxovos as imaxes para que xulguedes por
vós mesmos.
IMPRESIONANTE
No asentamento, Carlos representou a Wilma,
a primeira muller Neanderthal pelirroja e de ollos azuis. Tamén nos trouxo
o recorte da revista no que o atopou e fixo un debuxo desta famosa muller.
Ademais fixemos algunhas fichas: o 5 prehistórico e outra referente ao Homo Habilis. Escribimos
Homo Hábilis nas rutinas, lémolo e buscamos as súas características e falamos
sobre elas.
Como guinda do pastel déixovos o vídeo de
Carlos explicando a súa obra.
miércoles, 5 de febrero de 2014
A prehistoria en 4 anos
Moi boas familias!!
Carolina: trouxo
ao personaxe de érase una vez…. Tamén trouxo unha pulseira feita con pel de
hiena. Igual comprou a pel na mesma tenda, especializada en telas da
prehistoria, da que non fala Álvaro mais abaixo.
Aquí
seguimos na prehistoria, moi emocionados e moi motivados, os vosos peques teñen
que estar moi orgullosos de vós ao igual que o estou eu. Non me canso de darvos
as grazas porque sodes excepcionais e non deixades de sorprenderme.
Hoxe
traballamos de cheo co Austrolupitecus coñecendo mais a fondo as súas
características principais. Falamos moito, vimos libros e fixemos esta ficha.
Preguntade
aos vosos peques a ver que vos dín!!!
E
como non, seguimos coas aportacións que nos marabillan a todos e os fan
especiais a éles!!!
E
como non, seguimos coas aportacións que nos marabillan a todos e os fan
especiais a éles!!!
Nuria: Segue
a traballar no tema da vivenda. Neste caso trouxo unha caverna real, real!!.
Qué ben feita está!!! Dixo que ás veces tamén vivían nela os mamuts. Non vai
ser todo para os homes e mulleres da prehistoria!!.
Uxía: xa
está preparada para o Entroido co seu taparavos, como lle chamamos nós. Iso si,
isto poñíano no verán porque tapar, o que se di tapar… canto nos rimos!!!
Álvaro: trouxo
un mural no que nos explica as diferentes formas de facer lume naquel entonces.
Déixovos un vídeo para que vexades como se explicou
este cativiño. Ademais, non vos perdades como nos explica onde comprou a pel do
mamut. Son xeniais!!!
martes, 4 de febrero de 2014
A prehistoria en 4 anos
Moi boas familias!!!!
Hoxe
tocounos coñecer ao noso ancestro mais afastado, o Australopithecus. Escribimos
o seu nome e lémolo, fixemos unha ficha alusiva e buscamos información nos
nosos contos sobre el. A verdade é que guapo, guapo non era!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)