fondo

miércoles, 5 de febrero de 2014

A prehistoria en 4 anos

Moi boas familias!!
Aquí seguimos na prehistoria, moi emocionados e moi motivados, os vosos peques teñen que estar moi orgullosos de vós ao igual que o estou eu. Non me canso de darvos as grazas porque sodes excepcionais e non deixades de sorprenderme.
Hoxe traballamos de cheo co Austrolupitecus coñecendo mais a fondo as súas características principais. Falamos moito, vimos libros e fixemos esta ficha.
Preguntade aos vosos peques a ver que vos dín!!!
E como non, seguimos coas aportacións que nos marabillan a todos e os fan especiais a éles!!!
E como non, seguimos coas aportacións que nos marabillan a todos e os fan especiais a éles!!!
 Carolina: trouxo ao personaxe de érase una vez. Tamén trouxo unha pulseira feita con pel de hiena. Igual comprou a pel na mesma tenda, especializada en telas da prehistoria, da que non fala Álvaro mais abaixo.  
Nuria: Segue a traballar no tema da vivenda. Neste caso trouxo unha caverna real, real!!. Qué ben feita está!!! Dixo que ás veces tamén vivían nela os mamuts. Non vai ser todo para os homes e mulleres da prehistoria!!.
 
 
Uxía: xa está preparada para o Entroido co seu taparavos, como lle chamamos nós. Iso si, isto poñíano no verán porque tapar, o que se di tapar canto nos rimos!!!
Álvaro: trouxo un mural no que nos explica as diferentes formas de facer lume naquel entonces.
Déixovos un vídeo para que vexades como se explicou este cativiño. Ademais, non vos perdades como nos explica onde comprou a pel do mamut. Son xeniais!!!
 

 

11 comentarios:

  1. Que emocionados estamos vendo as aportacións,para nos tamen e moi gratificante ver os nosos nenos orgullosos das cousiñas que levan o cole,e que ben se explican!!!!o igual que Nuria imaxinavamolo mais cortado.
    Son moi chulos os outros traballos,Carol vese orgullosa da sua pulsera,o de Nuria e unha obra de arte e que graciosa esta Uxia.Da parte que me toca que vou a dicir...
    Creo que temos que deixar de enganar a Alvaro,explicao todo convencido,igual que cree que as chimeneas da refinería son as chimeneas das cuevas da prehistoria (como mínimo di que estan cociñando un mamut)POBRIÑOOOOO

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Nooo!!! deixa que o descubra por sí mesmo. Mola mais!!! jajajja!!!!

      Eliminar
  2. Ola a todos!!! Que chuladas levaron hoxe os nosos pequenos!
    Encántame a pulseira de pel de hiena de Carol...esa tenda da Coruña hai que visitala pero xa!!!
    A caverna de Nuria que ben feita e cantos detalles ten...con pintura rupestre incluída!
    O taparavos de Uxía autentico e que ben o loce!
    E o mural de Álvaro moi chulo e que ben explica as formas de facer o lume...que por certo nós tiñamos pensado facer un mural case case igual, jajaja!!
    Auténticos estes cativiños!
    Felicidades a todos polos traballos.

    ResponderEliminar
  3. A estos papis y estos niños va a tener que darles matrícula de honor. Cómo dice Noa, Álvaro van a tener que hacerle una clase para el solo porque trae tantas cosas q no entran en clase jaja.
    Muy trabajadores y muy bien hecho todo. Enhorabuena!!!

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  5. Estou ensinando o blog a María e esta é a explicación que me dá sobre o tema:
    Os "Astralopithecos" non facía lume, comía animais mortos, en vez de cazar tamén recollía froitos que encontraban. Vivían en covas.
    Entón o sabiondo das barbas longas que chegaban ata os pés, encontrou unhas pedras e chocou con elas e así empezaron a cazar. Existían os Mamuts e Dentes de Sable.
    Agora a profe dirá se o fixo ben ou non jajaja!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois sí mami, o Australopithecus non cazaba nin facía lume. Ata a chegada do homo erecturs non existiu a caza nin o lume. A nena ten razón, non é que sea terca. jajajjaja!!!!
      O das barbas longas sae na peli de erase una vez... e sí, el descubre o lume.

      Eliminar
  6. Boas!!
    Que pasada a caverna de Nuria, que bonita!!
    Ah! Estou de acordo con Nuria (mami), hai que ir a esa tenda xa!! Jajjajaa! Traxes, pulseras... a saber que mais teñen! E Alvaro está convencidisimo! Jajajaa! Que bo! E que ben explicou o do lume!
    Carlos faloume do taparavos de Uxia, jajajja que gracia! E faloume tamén da carroña, preguntoume se sabia o que era, e dixenlle que no, que me explicara, entón para explicarmo eu tiña que ser o mamut e el era o home da prehistoria que me cazaba, tiven que caer no chan, porque fora cazado, e díxome que a carne iba a ser carroña e despois a comía.
    O que nunca contaba nada...por fin empeza a contar!! Eso si, sempre di: "buffff, e que ess una laga hissstoria" jajaaja!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Qué bo!!! eso sí, teño que volver a explicarlle o que é a carroña porque vexo que non lle quedou claro. jajajja!!!!
      Alégrome de que empece a falar, no cole non cala!!!

      Eliminar
  7. Laura vexo que tamén na vosa casa tocou clase de prehistoria!
    Que graza Carlos co de "una laga historia" jajaja!!
    Pois María segue dicindo que non cazaban...que non e que non...ata que o Austrolupitecus non ande máis levantado e dereito!! a terca non lle gaña ninguén!

    ResponderEliminar