Moi boas familias!!!
Outra semana mais aquí seguimos coa
prehistoria. Neste caso amósovos novas aportacións e o traballo desta semana.
Empezamos coas aportacións:
Para empezar preséntovos as trogloditas Ángela e Uxía. Mirade que guapas se nos puxeron. Xa están preparadas para o Entroido!!!
Álvaro púxose mans á obra, nunca mellor dito, e aportou esta pintura rupestre tan colorida.
Samuel trouxo outro conto da prehistoria. Agora non se pelexarán por ler o mesmo conto. Xa temos 3 deste exemplar.
Esta semana seguimos co Homo Erectus porque este antepasado trae consigo
moitaaaaaaa información!!!! Aprende a cazar, descubre o lume, empeza a facer
cabañas, móvese de África (onde nace) cara Europa e Asia, descobren ao primeiro
fósil de Erectus en Java (Indonesia), xorden novos animais como o mamut, o
rinoceronte lanudo, o león, o lobo, a hiena, o cabalo e o elefante… Puffff!!! Moi
denso é este homínido tan alto.
Empezamos por escribir e ler diferente
palabras: Erectus, Java...
Fixemos fichas como por exemplo:
Cantamos a canción do troglodita (que xa coñecedes) e a canción de Espinete (premede encima da palabra para escoitala)
Tamén fixemos pasatempos prehistóricos na PDI. Premede o enlace para velos ou xogar cos peques:
Ooooohh,que recordos,esas tardes con Espinete,¡que grande era!LAlala.lalala.lalala...
ResponderEliminarQue guapas as duas trogloditas,non lle falta ningún detalle,que bueno.Alvaro pasouno pipa facendo o mural,e quería mais colores,e eso que o frenei..jajaja,eso si,non vos conto como se puxo...Que ben o pasamos...
Miña nai vaia trogloditas máis guapas, tremendas peles que levan!!
ResponderEliminarE o mural de Álvaro está chulísimo!
Moitas grazas por compartir profe!
que disfraces más chulos!!! y parecen calentitos.
ResponderEliminarY que decir de Espinente, me encanta recordar los dibujos de mi infancia
grazas polos vosos comentarios mamis!!!
ResponderEliminar