Moi boas familia!!!
Aquí estou de novo para comentarvos que
tivemos un remate de semana emocionante. - Coma sempre fixemos traballo de investigación, tamén vimos unha peli sobre o home de Neanderthal, limos palabras relacionadas coa temática e fixemos traballo sobre o papel.
- Álvaro trouxo unha nova arma, neste caso unha “onda”, veredes como explica que é e para qué sirve no vídeo de mais abaixo.
A profe María Dolores tamén nos trouxo un fósil que lle emprestou
un amigo. Impresionaba ver o tamaño e
comprobar o peso. Tamén vos fixen un vídeo para que olledes a reacción
dos vosos peques.
E por último tivemos unha visita, os nenos e
nenas de 3 anos viñeron a ver a nosa exposición prehistórica. Gustoulles
moito!!!
Que ben feita está esa onda e que ben o explica Álvaro. Moi ben campión!!
ResponderEliminarO fósil é impresionante!
joo,que chulo o fosil,Bueno,está claro que nos na prehistoria matando mamuts coa honda non ibamos a ir moi lonxe,jajaja, o importate e que Alvaro xa se visionaba atinandolle os bichos na caabeza.Ata practicamos na casa para que o explicara,que colocara a pedra e despois que lanzara sen ela,bueno polo menos serviu de algo e non houbo feridos,jajaja
ResponderEliminarFixoo moi ben, quedamos abraiados!!! E o fósil imopresionante como di Nuria.
ResponderEliminaro que se atopa pola rede!!! Que é iso de ensinarlle a darlle aos animais na cabeza!!!! jajajaja!! Cando fagades as prácticas avisade para estar ao recollido!!
ResponderEliminar