Xa comezamos a decorar o cole e por suposto a porta da nosa aula tamén!!!
Qué fermosa quedou a nosa bruxa.Chámase Seleta e é a protagonista do conto q inventamos nós mesmos para o concurso de contos de medo...qué vos parece?
fondo
lunes, 27 de octubre de 2014
Achégase o Samaín...
miércoles, 22 de octubre de 2014
Contacontos
Xa comezaron os contacontos na biblioteca!!!
Hoxe as nenas de 6° contáronnos, aos nenos/as da clase de 3 anos, o conto de "La mejor familia del mundo", que trata dunha nena que non ten familia e busca unha que a adopte.
Encantounos coñecer a biblioteca e estivemos moi atentos...e como os maiores o fixeron tan ben, despedímonos deles cun forte aplauso!
lunes, 20 de octubre de 2014
O potagonista da semana:PABLO
Comezamos o proxecto do protagonista...e esta semana tocoulle a Pablo!Qué ilusionado veu hoxe ao cole coa caixa chea dos seus recordos e qué atentos estaban os demais vendo como Pablo nos ensinaba todas as súas cousas.
Hoxe falounos de todas as fotos q trouxo, ensinounos o contido da caixa, contounos un dos seus contos preferidos("Caillou") e por suposto fixo a súa medalla do protagonista.
Durante toda a semana seguiremos traballando neste proxecto e ao final da semana colgarei un vídeo con todas as cousas que se fixeron na aula. Un saúdo familias!!!
Hoxe falounos de todas as fotos q trouxo, ensinounos o contido da caixa, contounos un dos seus contos preferidos("Caillou") e por suposto fixo a súa medalla do protagonista.
Durante toda a semana seguiremos traballando neste proxecto e ao final da semana colgarei un vídeo con todas as cousas que se fixeron na aula. Un saúdo familias!!!
O VÍDEO DE PABLO :
Este vídeo recolle as actividades que fixemos con pablo na aula durante toda a súa semana. Espero que lle guste moito e o disfrute. Un biquiño para o protagonista de esta semana.
domingo, 19 de octubre de 2014
A protagonista Carla
Pensabades que o proxecto do protagonista rematara? Pois non, temos dúas nenas novas que tamén merecen a súa semana máxica así que os seus compañeiros e mais eu xa estamos entregados ao tema desexando que pasen uns días fantásticos e inesquecibles.
A primeira será a doce e alegre Carla, ao longo da semana irei colgando todas as actividades que lle tocará
facer como protagonista
indiscutible durante 5 días!!!
Esperamos que nos sigades como facedes sempre!!!!
Luns:
Hoxe a Carla tocoulle facer a coroa que lucirá ao
longo de toda a semana. Que emoción, que ganas e que alegría coa súa coroa. A
verdade é que é un gustazo verlle a cariña de felicidade.
Como na aula de 3 anos, tamén están con este proxecto, aproveitamos e sacamos unha foto con Pablo, o primeiro prota de 3.
Martes:
Mércores:
Hoxe tocou amosar as pertenzas, que alegría señores!!! Así da gusto. O mellor de todo é o contenta
que se pon á hora de compartir. Esta nena é todo amor!!!!
Tamén aproveitamos para sacar a foto no mural
da prota, así de guapa quedou!!!
Xoves:
A semana está a rematar e con ela o
protagonismo da nosa Carla. Hoxe tocou deixar constancia das pegadas das mans, pés e bicos… que risa tía Luísa!!!
Venres:
-Antes de nada
pedir desculpas por non publicar antes. Funme de viaxe e non puiden ata o de
agora.
- O venres foi un
día cheo de emocións, a nai e a avoa de Carla viñeron á aula e acompañáronnos
un anaquiño.
- Sol, con moito
cariño e delicadeza contou o conto
favorito de Carla e logo cantou unha canción que lle canta a Carla cando está
enfermiña. Carla non daba crédito ao que
estaba acontecendo, vergoña, alegría e estupefacción eran os sentimentos que eu
destacaría en ela. A porta estaba tan
nerviosa que non quixo sentar entre a nai e a avoa, sentou co resto dos seus
compañeiros, e iso si, todo o tempo roendo na uñas.
-Carla rompeu unha piñata e deu un detalliño a cada compi, incluída eu. Gracias Carla!!!
- Antes de marchar Sol quixo darlle as grazas a todos os peques por facerlle sentir a Carla especial durante unha semana.
- A tarde foi super emocionante para todos ao igual que a mañá. Sol trouxo unha tarta para que todos os nenos e nenas comeran na merenda.
Canto mais fago este proxecto mais me gusta!!!! Cantas emocións!!!!
Xa para rematar dicir que espero que Carla pasase unha semana inesquecible e que ao igual que todos e cada un dos seus compañeiros anteriormente a ela, foi unha protagonista exemplar!!!!
viernes, 17 de octubre de 2014
Anatomía en 5 anos
Estes días estamos a traballar partes do corpo, músculos, osos... e
como sempre o meu alumnado non deixa de sorprenderme, están interesadísimos
pola anatomía.
Visto que o tema lles chamaba tanto a
atención decidín traer uns xoguetiños novos á aula. Que sorpresa
levaron, todos querían tocar, ver... estaban emocionadísimos e Samuel todo o
tempo preguntándome polas plaquetas. Xa me vexo facéndome un corte e traendo un
microscopio para que Samu observe as plaquetas que lle chamaron tanto a
atención cando lle dixen que estaban no
sangue e que facían de barreira cando nos facíamos unha ferida!!!
Algún me sairá médico ou médica, jajajaja!!!
jueves, 9 de octubre de 2014
Continuamos coas rutinas en 5 anos
Moi boas familia!!!
En primeiro lugar veremos a Carlos que nos amosa como fai a rutina de escribir a palabra. Nesta rutina introducín un elemento novo, o dicionario.
Agora
veremos a Álvaro, o curso pasado
traballabamos sílabas de 2 dúas letras e este curso empezamos coas sílabas de 3
letras.
Agora
Noa,
que a súa cabeciña non para, e mirade o que fixo…. Eu quedei abraiada!!!
domingo, 5 de octubre de 2014
Rutinas de aula en 5 anos
Moi boas familias!!
Un ano mais seguimos coas rutinas de aula. O
ano pasado xa vos amosei todas as actividades que levamos a cabo cando chegamos
á aula. Este ano quero que vexades as modificacións que se introduciron así
como novas rutinas.
Cada vez somos mais maiores e mais listos así
que temos que ir complicando as cousas!!!
En primeiro lugar quero que vexades a Uxía
facendo a rutina dos números:
Agora unha rutina nova, sumas e restas que nos fai Carol.
Pouco a pouco irei amosando as demais.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)