Moi Boas
familias!!!
Antes de nada
pedirvos desculpas pola tardanza pero a verdade é que motivos persoais non me
deixaron estar tan ao día como me houbese gustado. Aclarado isto preparádevos porque imos aló. Temos
moitos temas atrasados:
- Día de Rosalía
- Entrega do corazón de Carlos
(Carolina estivo enferma e non puido darllo).
- Novas aportacións ao proxecto da
prehistoria.
- Entroido
Espero que con isto
esteades un anaquiño entretidos!!!.
Día de Rosalía:
Este día
festexámolo no centro, levando a cabo diversas actividades. Empezamos por facer
un puzzle na aula e logo acudimos a un
recital no que o alumnado de primaria nos falou e nos representou diversas
obras desta grande da nosa cultura.
O Corazón de Carlos:
O deste cativo é
moito. Non só lle entregou o seu corazón a Carolina, fixo algo mais, mirade o
vídeo e veredes…
Aportacións ao
proxecto da prehistoria:
Seguimos con novas
cousiñas neste fantástico proxecto. Estamos rematando o paleolítico, chegou o
momento de coñecer ao Homo Sapiens, o
chamado “home Sabio”. Con el floreceu a prehistoria por dicilo dalgún modo . A
principal diferenza coas outras especies do xénero Homo, son as súas
capacidades mentais. O Sapiens é consciente de si mesmo, do seu pasado, da súa
condición mortal; pode planificar, desenvolver pensamentos abstractos… as pinturas rupestres de Altamira, de Lacaux
en Francia, as agullas de óso, as ferramentas precisas e moitas outras cousas
que iremos vendo son obra súa.
Para que os peques puidesen
plasmar todo isto, e en colaboración con algún dos meus compañeiros, fixen unha
cova. Déixovos o vídeo para que vexades as súas caras:
Rematado o
paleolítico, chega o momento do Neolítio e Álvaro xa nos trouxo exemplos deste
período da prehistoria.
Entroido
E como estamos tan
metidos neste proxecto, non podíamos mais, que disfrazarnos de trogloditas. Pasámolo en
grande!!!
Grazas a todos aos
que puidestes vir e mil grazas a todos por participar tan activamente coa
escola!!!




