A semana pasada celebramos o cumpreanos de Dani no clase. Tomamos un delicioso biscoito que fixo a nai coa colaboración de Dani.
fondo
lunes, 30 de noviembre de 2015
VAIA SORPRESA!
Hoxe cando chegamos ao cole levamos unha gran sorpresa!
Xa naceu unhq codorniz!!! Què fermosas e qué pequeniñas son!
jueves, 26 de noviembre de 2015
QUÉ ALEGRÍA RECIBIR AS FAMILIAS NA CLASE DE 4 ANOS!!!
MAMÁ DE DANI C.:
Na aula queríamos incubar un ovo e facer a nosa propia incubadora, pero a nai de Dani ofreceunos unha incubadora do avó de Dani, polo que a aceptamos ao momento...jaja. Non sabedes como o agradecimos.
Veu un día ao cole a explicarlles aos nenos/as o proceso de incubación e trouxo ademais ditintas clases de ovos, bueno, os de codorniz proporcionounolos o pai de Adrián Rodríguez. Qué sorte temos con estos papás!
Un dato importante...a incubadora precisa ter sempre un pouco de auga e sabedes por qué? Pois porque os ovos precisan ter un grado de humidade, para que os poliños cando estén formados podan romper o cascarón con facilidade. O cascarón ten que estar brando, senón non son capaces. Polo que a nosa misión é botar auga todos os días.
Despois fomos metendo os ovos un a un e con moita delicadeza, xa que os ovos son moi fráxiles e poden romper.
Xa temos a incubadora lista...agora temos que deixar que pasen 21 días para visualizar o nacemento dos pitiños.
ë importante ir xirando os ovos diariamente, para que o embrión non se pegue o cascarón. Pero temos a gran sorte que esta incubadora vai xirándoos de forma automática. A partir do día 18 xa non podemos movelos, porque o pitiño xa esta formado e ao movelo podería morrer.
Qué ganiñas temos de velos! Qué impacientes estamos!
Tamén nos trouxo uns coellos para telos na aula uns días e poder coidar deles...qué monada! Aos nenos/as encantoulles telos no cole.
A MAMÁ DE AINHOA:
A nai de Ainhoa tamén veu visitarnos porque a Ainhoa facíalle moita ilusión traer tamén a súa mascota. E así foi como coñecimos a Lulú. Encántanos telo na clase, é unha delicia escoitalo cantar. Aínda que temos que recoñecer que hai momentos que temos que tapalo porque non nos deixa traballar...jijiji.
AS MAMÁS DE LUCÍA E ELENA:
Cánto traballaron! Fixeron unhas granxas que nos encantaron, non se lles escapa detalle. Luci e a súa mamá fixeron unha granxa cunha gran clasificación de animais.
E Elena a súa mamá fixeron outra con todas as cousas que podemos atopar nunha granxa, non lle falta nada! Vacas, cabalos, porcos, o can, patos, os granxeiros e o seu bebé, galiñas...
A granxa de Luci tiña a colmena das abellas e a súa nai explicounos como fan as abellas o mel...qué traballadoras son! Traballan toda a primavera e todo o verán para ter alimento para todo o inverno.
En concreto presentounos a abella Raia que nos expliou como é a súa vida.
E trouxo uns panais donde as abellas fixeron o mel. Puidemos tocalos e ulilos, pero non nos gustou moito o olor que desprende. A cera que fabricaron nos panais é moi blandiña, qué gran sensación poder tocalos.
E aquí temos o mel que fabricaron as abellas nestes panais.
E despois de todas as explicacións toca...degustar este delicioso manxar...mmmmmmm. Houbo nenos/as que non o quixeron probar, outros/as que probaron e non lles gustou moito e outros/as que quixeron repetir!
A MAMÁ DE MARTIÑO:
Martiño e a súa mamá tamén traballaron moito todo o fin de semana...Fixeron tamén unha granxa ben bonita e ademais visitaron a granxa dunha amiga e fixeron moitas fotos. E trouxo a aula unha presentación desas fotos...con qué alegría contaba todo o que viu na granxa.
NON PODO DEIXAR DE AGRADECERVOS UNHA VEZ MÁIS A VOSA PARTICIPACIÓN, VOS FACEDES QUE OS PROXECTOS ADQUIRAN UNHA GRANDE RIQUEZA E NON SABEDES COMO LLES GUSTA AOS VOSOS FILLOS/AS VERVOS NA AULA.
MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!!!!!!!!!!
MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!!!!!!!!!!
martes, 24 de noviembre de 2015
A protagonista Alba
- Unha semana mais, iniciamos un novo protagonismo. Que alegría, que ilusión desborda esta nena con este proxecto. Está encantada coa súa semana. Un paxariño díxome que o domingo estivo con febre e pachuchiña. Serían os nervios? O luns estaba como unha rosa e así o demostrou.
Luns
Toca facer a coroa. Que concentración, que entusiasmo, que alegría... A pintura chegou ao mandilón, á estrela de encargado e ollade as mans. Sempre que un nen@ se mancha, eu digo, que se o fixo é porque o pasou e ben e ao ver as fotos podedes ver que Alba o pasou moi, moi ben.
Martes:
Toca amosar as fotos. Dígovos que alucinei co ben que o fixo
e coas risadas que botaba nalgunha foto. Que risa nos fixo pasar e que alegría
desbordou.
Ollade o vídeo!!!
Mércores:
Mesma alegría, mesma ilusión, mesmas ganas, mesma
motivación. Esta nena non deixa de
sorprendernos. A cara o dice todo.
Hoxe tocou amosar os xoguetes, a roupa e o conto favoritos.
Ollade!
Xoves:
Hoxe tivemos un día moi acelerado. Empezamos coa noticia de
que a prota estaba enferma e non ía vir. Ohhhhh!, que chasco!! Pero como esta
pequena non pode defraudar alí chegou ela ás 10:30 toda risueña. Tiña que vir, dixo Patricia!!!
Despois do recreo Patricia e Pablo tiñan o super preparado
para desenvolver unha actividade de compra e venda que lles encantou. Foi un
black friday por anticipado!!!
Despois de comprar fixemos hamburguesas, que divertido!!!!
Como me daba medo que mañá Alba non veña apuramos o día e xa
fixemos as pegadas. Aproveitamos que mami e Pablo estaban alí e xa a pintaron
eles. Que ilusión lle fixo!
Para rematar un detalliño con todo o cariño!!!
Grazas familia por todo o que aportastes a este proxecto!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)