fondo

viernes, 30 de enero de 2015

Jaime xa ten catro anos!!

Onte celebramos o cumpreanos de Jaime no cole e qué feliz estaba con un aniño máis.
Ilusionadísimo coa súa tarta, a súa vela de catro anos e ata trouxo pratos, vasos e servilletas de cumporeanos. Qué ben o pasamos!!!


miércoles, 28 de enero de 2015

A china en 5 anos



Seguimos pola China moi, moi animados!
Se a semana pasada traballamos a localización, a bandeira e as vilas e cidades chinas, esta semana tocoulle o quenda ás vivendas mais características, ás pagodas e a buda. 






Tamén, e aproveitando que o venres imos a celebrar o día da paz, fixemos dous murais; un con aspectos positivos e outro con aspectos negativos relativos a China. Entre os positivos está o cariño e o coidado aos maiores, o amor que existe no seo da familia, a importancia de compartir e xogar uns cos outros… e como negativos vimos as continuas guerras pola conquista do poder, a situación das mulleres de pés vendados, o tratamento que se lles dá aos nenos para preparalos para as olimpíadas, o traballo infantil… Está a resultar un traballo moi interesante. Cando estea rematado sacarei fotos para que poidades comentar cos vosos peques.
Ademais, coma sempre, seguides a traer cousiñas e a traballar dende a casa. Esta semana os peques aportaron:

María:
Trouxo un traballiño no que nos explicaba como son os números en chinés e a forma que teñen de contar do 1 ao 10 empregando unha soa man. Ademais trouxo a moeda de China tanto en billete como en moeda. Encantounos vela e tocala. 




Ángela: 
Aportou un fermoso dragón para cada compañeiro que estamos desexando pintar e decorar con multitude de cores.
Noa: trouxo o conto de Mulán. Aínda non o limos pero en breve caerá.
Nuria: cando vin esta auténtica lámpada china, quedei asombrada, e os seus compañeiros tamén.  Agora temos que probar a ver si acende.
Carla: moito pintou esta pequecha!!! Veu cargadiña de debuxos sobre o tema da paz. 



Álvaro:
Estar enfermo fundiulle xa que nos fixo toda unha exposición do que é unha cometa e todos os usos que lle dan ou lle deron nalgún momento en China. Ademais, non perdades detalle, a cometa, é unha cometa da paz. Que boa idea Álvaro!!!!!

Pero ademais de información, este neno trouxo corazón. Resulta que encontraron 13 lapis fermosos cunha boneca chinesa. Nese momento xurdiu a inquedanza de que facer  xa que na aula somos 14 e non 13. Álvaro nin corto nin perezoso dixo que a el non lle importaba quedar sen o lapis, que prefería darlle un a cada un dos seus “amiguitos” como el di.  Que lección mais boa pequerrecho!!! Por suposto alabeino diante dos compañeiros e todos quedaron pasmados coa acción de Álvaro.
Este feito non o podía pasar por alto así que decidín darlle un bolígrafo de bigote igual que o da profe. Que contento marchou e eu que orgullosa quedei deste pequecho. 


martes, 27 de enero de 2015

Protagonista da semana:Martina

Esta semana a nosa prota é Martina e non podedes imaxinar que ilusionada veu o luns.Xa quería facer a medalla na hora da asamblea...jaja.
Un saúdiño e disfruta moito!!!

E aquí vos deixo o vídeo de Martina:

lunes, 26 de enero de 2015

Viaxamos á China!!!!

Ola a tod@s!!!

A semana pasada pedinvos axuda para que aportarades cousiñas á clase que nos axudaran a investigar sobre a China. Teño que darvos as grazas aos que xa o fixestes, e animar a todos os demais a que o fagades, os cativ@s están encantad@s con todo  o que esta aparecendo!!!

Aquí temos todas as aportacións que foron chegando.....

Sabela tróuxonos un paquete de tofu, que provén da soxa, e o conto de Mulán; que aínda que case todos a coñecíamos non sabíamos que era unha guerreira china. Na outra fotografía vémola con varias varas de bambú e un conto titulado: "O reiseñor" que lles encantou!!

Pablo: aportou un libriño con varios debuxos de China: un dragón, os mercados chinos e moitas letras, na portada un agricultor chino recollendo arroz e o seu nome escrito en chino!!

Jorge: veu con fermoso mural con elementos representativos da China: a bandeira, o mapa, un campesiño, o oso panda, entre outras moitas cousas.... 

Antía: apareceu cun dragón feito de reciclaxe cos envases dos ovos!! e explicounos os pasos que seguiu para facelo, ademais outro día tamén nos trouxo un faroliño vermello da China.

Ainhoa: fixo un mural tamén con elementos da china, bandeira, mapa, a gran muralla China e o símbolo do yin-yan o ben e o mal... cousa curiosa esta do ben e o mal!!!!

Hugo Castro: ensinounos como comen os chinos cos seus palillos!!

Daniel: comentounos que cun pouquichiño de axuda fixo este mural no que nos conta cousas curiosas da China, tradicións, xogos, refráns, etc... todo moi ben decorado cunha espectacular boneca china!!

Hugo Barca: descubriunos como se escriben os números en chino! e ademais pintou un debuxo dun campesiño chino.

Cynthia: trouxo uns palillos chinos decorados con letras chinas vermellas e un sombreiro de campesiñ@ feito por ela cun chisquiño de axuda, quedoulle moi ben! 

Sara: axudounos a investigar quen era o deus na China xa que nos trouxo una figura dun Buda ademais doutros palillos chinos, xa case temos para comer todos!!!

Alexia: sorprendeunos cun fermoso debuxo dunha paisaxe dos campos de arroz de China, e sabedes que?? ata lle pegou arroz de verdade!!!


           Así esta quedando a nosa zona de exposición da China; vai collendo forma pero xa vedes que aínda temos sitio para moitas cousiñas máis!!!! 



Ademais traballamos moito, e por fin conseguimos rematar o noso gran dragón chino ó que saudamos todas as mañás "Ni Hao":




Tamén quixemos darlle un aire máis "Chinés" á nosa porta da aula e decorámola cos pai- pai que nos mesmos fixemos e co bambú que nos trouxo Sabela:















Pouco a pouco os coñecementos van tomando forma nas nosas cabeciñas, e despois de descubrir onde estaba China no mapa do mundo, algúns decidiron animarse a  debuxalo:


Polo de agora nada máis, pero espero pronto poder contarvos máis novidades acerca do que estamos a prender deste país que tanto nos fascina; una saudiño, "Zai jian" amigos!






jueves, 22 de enero de 2015

A China en 5 anos



Ni hao Familias!!!

Seguimos coa China a voltas. Esta semana no cole, estamos a traballar a localización da China no mapa, a bandeira e as cidades e vilas de China. Todo isto, comparándoo co que eles xa coñecen que é o noso país (España) ou as vilas galegas.

Vós seguides, incansablemente, a traer cousas e tamén a elaboralas. Mil grazas polo tempo que dedicades a todo isto. Só dicirvos que a cara que poñen os vosos peques cando ensinan todo o que traen merece todo o esforzo que estades a facer.

Imos  logo a seguir amosando cousiñas da preciosa China:
 
Antía: Trouxo un calendario cuns fermosos osos panda, un enorme farolillo chino e un abanico co símbolo do yin yang. Xa vedes que os osos panda os traen tolos!!!
 

Ángela: canto traballaron na casiña de Ángela para traer todas estas cousiñas feitas con papel mediante a técnica do origami. Que pasada!!! Temos pagodas, una bolboreta, un dragón, flores de loto e ata un coello. Que manitas!!!
Que dicir do gorro chino e dos palillos, está feita toda una fermosa chinita!!!


María: trouxo todo un traballo feito con comidas chinas, ogallá as poidamos degustar nalgún momento do proxecto!!! Igual no taller de comida!!! jajajjaja!!!


Carol: trouxo unha fermosa boneca china.
Nuria: facendo limpieza atoparon este fermoso cadro e Nuria díxolle á nai: "mami, esto é de China".
Noa: debuxando, debuxando fixo a muralla china, unha chinita  e un guerreiro!!!

 
María: nestas pergamiños, de papel de arroz e seda,  podedes ver o seu nome e o da súa irmá.  Que cousa mais bonita!!!


Carlos: moito traballa!!! mirade cantos farollilos, e ata unha lenda china que nos apresuramos a ler nese mismo momento!!!


Enia: creo que mos vou levar a todos a China, con este libro de "hablar chino" moveriámonos por China como pez en el agua.
Tamén trouxo un abanico moi curioso, disque está feito coas plumas do Ave Fénix. Coa boca aberta quedei!!!

Zaira e Enia tamén estiveron a traballar duro, coa axuda da familia, para traer este mural con aspectos significativos da nosa China querida. Que bonito e canto traballo!!!
 Carlos: tamén debuxa un montón, ollade que debuxos tan ben feitiños!!! Ademais trouxo este fantástico libro que queríamos ler hoxe, pero como faltaron tantos nenos, estamos esperando a que volvan para lelo todos xuntos.
 María: traballadora incansable, hoxe trouxo un blog no que nos explicaba cáles eran as vogais chinas. O da pronunciación xa é outro cantar. Estiven a ver un vídeo e quedei pasmada!!!
 
E isto é todo de momento. Miña nai canto traballades!!!!
 

miércoles, 21 de enero de 2015

Protagonista da semana:Uxía

Esta semana tócalle ser a protagonista a Uxía...e nótaselle moi entusiasmada.Recibimos a visita do seu pai e coa súa axuda contounos bastantes cousas das fotos q trouxo para compartir con nós. Esperamos que nos sigas contando moitas cousas Uxía e a seguir disfrutando da túa semana!!!

E aquí temos o vídeo de Uxía, no que vemos todo o que disfrutou da súa semana. Un biquiño.

lunes, 19 de enero de 2015

China en 5 anos

Ni hao Familias!

Seguides aportando cousiñas a este proxecto. Non deixades de sorprenderme!!!

 Nuria: trouxo a sombrilla china, un adorno que se coloca nas portas para atraer a sorte e una réplica en pequeño dos guerreiros de Terracota. Flipanteeeeeee!!!

María: neste caso trouxo 2 pulseiras que se lles poñen aos nenos e nenas pequenos tamén para atraer a sorte, unha delas é de jade. Tamén aportou outro adorno típico da boa sorte!! Como funcione todo isto dos amuletos... nin vos conto!!! jajajajaja!!!!
 Noa: trouxo algún obxecto raro, raro!!!  unha especie de biombo en tamaño mini  cunha paisaxe china cosida, un abanico, cartas de nenos chinos e un gong chino!!! Que pasada!!!!
 Tamén trouxo un adorno feito coa folla de palma, porcelana china e un libro de adiviñas do mundo, onde por suposto aparece China!!! Moitas grazas pequerrecha!!!!

Álvaro trouxo un instrumento fantástico, unha auténtica Caixa china. Que ben soa!!!

A profe Mela, foi de viaxe a Madrid e veu cargadiña de cousas; trouxo un xornal escrito en chino, té chino e uns billetes que ao parecer son billetes funerarios xa que os meten dentro da tumba coa persoa falecida. Sobre esto teremos que investigar algo mais!!! jajajaj!!! Grazas profe Mela!!
 
 
 
E eu non ía ser menos. Trouxen o gato da sorte e un adorno para o pelo que podería pasar por adorno da ópera china, non si? jajajaja!!!!




China en 5 anos



viernes, 16 de enero de 2015

A China en 5 anos


Quero darvos a benvida a un novo e emocionante proxecto: 
CHINA

Estamos ansiosos por aprender cousas deste apaixonante mundo que é China, apaixonante en valores, contidos, creatividade 

falar de China  supón ver aparecer un sorriso na cara dos nen@s . Espero poder manter esta emoción ata o final do proxecto!!!!
Antes case de empezar, xa teño que darvos, coma sempre, unha e mil grazas por todo o que aportades e por todo o que vos involucrades.

Preparádevos para ver todas as aportacións que chegaron!!!


Para empezar, quero amosarvos: a porta da nos a aula (que representa unha casa china) e o  espazo que preparamos fora para dar cabida a todas as aportacións e traballos que iremos facendo. Isto xa vai pillando forma!!!!


Aquí temos a María Liu que veu cargadiña de cousas!!!! Nesta primera foto podedes ver todos os libros de contos que aportou!!! Ata temos un libro de " Chino de viaje" nunca se sabe cando podemos acabar en China!!! Qué pasada!!! 
 Uxía buscou, coa axuda de mami, os nomes de todos os compañeir@s. A pobre viña toda tristeira xa que non atopara o nome de Zaira, Enia e Antía, pero a profe si os atopou!! Déixovos o video do que nos rimos lendo os nosos nomes en chino!!
Carlos viña encantado co seu fantástico libro sobre a cultura china, un libro con volumes!!! Que ben nos explicou o seu contido!! 
Irei poñendo vídeos pouco a pouco!!






Aquí podedes ver a Zaira que veu cargadiña de cousas tamén: trouxo un fermoso paraugas, unha representación de Buda, un abanico cun magnífico dragón e un Qipao ou vestido chino!! Abraiados quedamos!!!

María Liu tamén trouxo diferentes e fermosísimos tipos de abanicos, paraugas e un pai-pai. Tamén aportou fotos do Xardín de Yuyuan e da cidade de Namchag!! Mirade o vídeo da explicación!!!




Na clase temos uns verdadeiros artistas á vez que arquitectos, mirade que cidade china construíron!!! Ollade que fixeron unha torre moi alta, será a torre mais alta de China? Jajajaja!!!

Samuel aportou algo que nos deixou coa boca aberta!!! Unhas auténticas zapatillas chinas que teñen ao redor de 30 anos e uns palillos que rondan os 20. Isto é historia!!!

O de Carolina xa non sei como explicalo, que detalle nos seus debuxos!!
Esta cativiña fíxonos: un home chino cun dragón de mascota, a muralla china e un gusano de seda, unha casa china cun xardín de bambú e un neno xogando cunha cometa. Guauuuuu!!!!!

María sigue traendo cousiñas emocionada con este proxecto. Neste caso aportou diferentes modelos de palillos chinos!!! Cantas cousas cativiña, mil grazas!!!

 Noa trouxo este obxecto super curioso, díxonos que era unha pelota china!!! Que gozada manipulala!!

Uxía tamén segue a traer cousas, neste caso un gorriño chino. A que está moi simpática!!

 E se temos unha chiniña, tamén teremos que ter un chiniño. Mirade que guapísimo está Álvaro!
Pero como de guapo non se vive, Álvaro, tamén aportou pan chino, tamén chamado pan de gambas. Este pan imos reservalo para a gran celebración que nos espera en febreiro.
 Por último Carla, que trouxo uns palillos chinos e un elegantísimo abanico!!! Que bonitos pequecha!!!

Como xa vos dixen irei poñendo algún que outro vídeo mais, pero tardan tanto en cargar que me desespero!!!
Ata a unha nova noticia sobre china!!!