Seguimos recibindo na aula as cartulinas da confusión...Mirade todo o traballo que fixeron os nosos peques!
Noemy está confundida porque non sabe xogar ao Twister, pero a confusión pásalle cando a súa mamá explícalle como hai que facer.
Pablo debuxouse a el confundido porque ás veces vai tomar algo cos seus pais e non sabe cal é a súa bebida.
Mateo C. e Carla síntense moitas veces confundidos igual que o Monstro de cores, por iso cubriron a súa cartulina coa mezcla de todas as cores: vermello, amarelo, azul, verde, rosa e negro.
A Dani C. o que lle pasa é que ás veces sente un pouco de confusión coas letras e os números, a pesar de que xa coñece moitos, hai momentos nos que non os lembra.
A confusión de Jaime é moi razoable. Vendo fotos de agora e de cando estaba na barriga da súa mamá deuse conta de que os cambios eran moitos e fíxose moitos interrogantes: onde tiña os seus ollos e as pernas cando estaba na barriga, cómo comía, qué comía...?
Estas dúbidas puidemos resolvelas entre todos e coa axuda da profe...non dábamos crédito o que estabamos a escoitar: as partes do bebé vanse formando pouco a pouco, a medida que o feto vai medrando e ademais come a través dun tubo (cordón umbilical) a comida que a nai vai inxerindo...este tema resultounos moi interesante.
E Adri non lembraba nada que lle producise confusión...qué sorte!!, e entón decidiu pintar ao monstro de cores confundido.
A Gael pásalle un pouco como a Dani C., que ás veces ten un pouco de lío con tantas letras e tantos números, pero teño que aclarar, que agora Gael xa recoñece moitas letras, cánto aprenden estos pequenos! A Elena pásalle un pouco o mesmo, pero a súa confusión xurde entre as "letras grandes" (maiúsculas) e "as pequenas" ( minúsculas), e iso que aínda non profundizamos nada neste tema...pronto comezaremos, xa saben escribir moi ben o seu nome en maiúsculas, asi que agora toca aprendelo en minúsculas!
A confusión de Mateo P. xurde porque o seu pai marchou a traballar a Bilbao...e a Mateo xurdiulle unha dúbida...onde está Bilbao, lonxe ou preto? Está máis lonxe que Suíza? A súa nai axudoulle a resolver este problema e para iso tiveron que botar man dun mapa e puido descubrir que está moito máis preto que Suíza e que se facemos catro horas en coche xa chegamos xunto papá!
Uxía e Dani fixeron un debuxo da confusión: Dani fixo a monstro de cores e Uxía, debuxouse a ela confundida.
A Martina esto do corpo humano e dos peixes prodúcelle un pouco de confusión, son moitas cousas novas que os nenos/as non coñecían, pero xa descubrimos moitas cousas e seguiremos indagando e aprendendo sobre o tema.
A Adrián Pais pásalle un pouco o mesmo, faise moitas preguntas...onde teñen os peixes as orellas? Penso que nos queda moito que traballar para despexar tantas dúbidas que xurden.
Pensar qe estavamos todos confundidos cando chegou a nota ����.Cantas confusions teñen os nosos nen@s pero grazas a colaboracion da profe todas tiveron resposta .Espero qe cada emocion deste proxecto sexa unha nova aventura para tod@s.
ResponderEliminarDigo igual que Mónica, eu estaba totalmente confundida co proxecto, con todo xa todos estamos moi ilusionados con el.
ResponderEliminarParabén profes!!
Por fin se aclarou un pouco a confusión...jaja A verdade é que este sentimento é un pouquiño complicado e require un pouco de reflexión pèro unha vez feito, a satisfacción é enorme. jaja
ResponderEliminarPor fin se aclarou un pouco a confusión...jaja A verdade é que este sentimento é un pouquiño complicado e require un pouco de reflexión pèro unha vez feito, a satisfacción é enorme. jaja
ResponderEliminar