Boas familia!!!
Hoxe
a nosa caixa máxica volveu a sorprendernos. Esta vez deixounos un conto moi
fermoso e cheo de carga emocional, “O peixe arcoiris”.
Unha
vez lido o conto era o momento das conclusións de investigador.
En
3 anos, Iria foi a mellor detective.
En
4 anos, foi Lucía.
Ámbalas dúas, déronse de conta que os peixes da nosa caixa tiñan moito que ver cos amigos do peixe arcoiris e que a “porta”, “tella” ou “fiestra” que dicían os compañeiros non era tal cousa, senón que era a escama brillante do peixe arcoiris.
Onte,
mandámosvos os deberes para a casa e hoxe démonos de conta de que estades un pouco confundidos/as, ao igual que o monstro
de cores.
Imos
a facer unha serie de aclaracións.
·
O conto das pulgas imos aproveitalo para traballar as
emocións e aspectos relacionados co corpo e diferenzas con outras especies coma
os peixes.
·
O conto do peixe arcoiris danos pé a traballar aspectos
do medio mariño.
·
O traballo da cartulina ten de prazo ata o 30 de
outubro (ollade a táboa que vos mandamos onte, veredes que o tema da confusión
remata este día. O seguinte é a alegría e traballarase dende o 2 ao 27 de
novembro e así respectivamente).
·
Na cartulina debedes facer algo relacionado coa confusión: Cando sente o voso fillo/a confusión, como se sente en ese momento... a vosa
imaxinación pode ser moi grande e sabémolo. Podedes empregar fotos do neno/a,
revistas, debuxos....
A modo de exemplo, hoxe chegáronnos estas:
·
Manuel: amosa a súa foto de confundido co seu corresponde debuxo
confundido. Moi ben pequecho e que rápido!!!!
·
Brenda: trae un debuxo dunha nena que está confundida
porque o seu corpo non é igual ao do caracol e non sabe como interpretar iso. Igual
que as pulgas do noso conto.
Hoxe
xa tivemos aportacións das temáticas a traballar: a emoción da confusión, o
corpo e os animais mariños.
Elva:
aportou o conto de “Buscando a Nemo” e uns fermosos peixes de cores. Que ilusión
lle fixo, daba gusto verlle a cariña!!!
Lucía: trouxo un fermoso inventario dos mares onde podemos ver moitas fotografías de animais mariños.
Pablo: trouxo puzzles do corpo humano, e do mar. Un deles deunos pé a coñecer que os dedos das mans teñen nome. Que interesante!, Agora toca memorizalos!!.
jaja Non van ser só os peques os que anden confundidos!!! Graciñas polas aclaracións que son de moita axuda.
ResponderEliminarLucía xa quixo levar hoxe o seu libriño do mar porque, ademáis, é dos seus favoritos. Sobre todo un peixe que se chama "pejepuerco" que lle fai moita gracia o seu nome.
O mellor é sempre ver esas cariñas tan felices coas cousiñas que van levando á clase. Que gusto da ver como aprenden!!
A semana q ven poderemos ver os contos e seguro que podemos coñecer moitos peixes que non coñecíamos! Lucía nos impartirá unha clase de animais mariños...jaja.
ResponderEliminarQe ben o pasan e q felices se ven
ResponderEliminarPois si q estiven confundida os primeiros dias, non entendía nada do q me contaba Gael...educación emocional! qué estimulante para os nenos e qué difícil...Hoxe Gael estivo pintando na sua cartulina,qué risa!! fixo raias e raias de cores e dime:"esto es cuando empiezas a estar confundido del todo"..e eu que pensaba q non tiña recursos para identificar e expresar as suas emocións.. :)
ResponderEliminar