fondo

martes, 13 de octubre de 2015

Sentindo Contos


Boas familias!!
       - Aquí estamos os nenos e nenas de 3 e 4 anos  para amosarvos como nos adentramos neste  estimulante proxecto chamado “Sentindo Contos”.
       - Para  a presentación do proxecto deseñamos un camiño polo que transcorrerán as emocións.
A fada Popeta déixanos unha carta do personaxe central deste proxecto que  é  o “Monstro de Cores”.  Nesta carta o monstro pídenos que lle axudemos a saber que é iso que sinte, que é iso da confusión. E para empezar a axudalo debemos descifrar un código QR coa axuda dunha tablet ou un teléfono. 
O Código QR lévanos a Rogelio, o mellor amigo do monstro de cores que nos pide que busquemos unha caixa máxica no pasillo do cole na que atoparemos pistas para poder axudar ao monstro. Como bos investigadores que somos alá fomos. Ollade!!!


NA AULA DE 4 ANOS tamén fixemos de investigadores e aquí neste vídeo podedes ver como chegamos a descubrir unha caixa máxica con moitas sorpresas!



    - Para que o poidades escoitar mellor, aquí vos deixamos o que nos decía Rogelio, o mellor amigo do monstro de cores.





    - Unha vez que sacamos todo o que había na caixa máxica e o manipulamos suficientemente, era o momento de sacar conclusións como bos investigadores. Isto é o que dixeron os vosos peques de 3 anos:


Alba B: abeja Maya
Lois: alienígenas
Alba V: bichos
Nerea A: mariposas
Xabi e Martín: arañas




Aquí tivérono  moi claro, todos dixeron peixes. 



Rodrigo: para limpar
Iria: alfombras

 

Manuel e Nerea C: almohada
Rodrigo e Lois: mandilón

 

Nerea C: porta
Manuel: Ventana
Rodrigo: teja

OS NENOS/AS 4 ANOS tivemos unha  conversación  sobre o contido da caixa que deu para moito! E as ideas que tiveron os nenos/as non foron poucas. Cánto saben estos pequenos!!!



 
     - Ao día seguinte, Popeta, deixounos na caixa outra sorpresa en forma dun marabilloso conto: O país das pulgas. 

    - Empezamos a pensar que terían que ver as cousas da caixa con este conto e Ángel deuse de conta que os "bichos", "alieníxenas", "bolboretas" ou "arañas" non eran outra cousa que as pulgas do noso conto. Por este motivo había que poñerlle as gafas de investigador. Que ilusión lle fixo!!!

Pouco a pouco fomos vendo que as "cousas para limpar" eran texturas, as texturas das pulgas, unhas son suaves, outras ásperas... e o que parecía ser un "mandilón" ou unha "almohada" era o colchón no que viven as pulgas. 
Agora só nos falta saber o porqué dos peixes. 



EN 4 ANOS  tamén limos o conto do País das Pulgas e decatámonos de que as cousas da caixa tiñan relación cos contos que nos deixou Rogelio para poder axudar ao monstro de cores. Ademais démonos conta de que unha das pulgas do conto tamén sinte o mesmo que o monstro de cores, tamén está confundida xa que non entende porqué as demais pulgas son diferentes a ela, ata o momento pensaba que todas eran iguais. Ao mellor nalgún momento nós tamén sentimos o mesmo.
 A partir de agora seguiremos investigando a ver qué cousas imos descubrindo.

Esperamos que vos guste como comeza esta aventura, en breve máis noticias e máis deberes para vós , papis e mamis. Tamén ides ter que investigar!!!


13 comentarios:

  1. Lo primero dar a la enhorabuena a las profes por currarse tanto el proyecto. Gracias al video podemos ver y enterarnos de lo que haceis porque por lo menos Lúa no cuenta mucho. Me parece una manera muy original de incentivar a los niños a la lectura. Bueno y a ver que nos mandais hacer,eh?

    ResponderEliminar
  2. Hola María!!!!
    Gracias por tu comentario siempre tan amable.
    La verdad es que están muy intrigados con todo esto y las profes muy emocionadas.
    En breve, es decir, mañana (jajajaja) tendréis noticias de como podéis participar. Espero que os animéis mucho con este proyecto.
    un saludo

    ResponderEliminar
  3. Qué emocionados se les ve a todos! Y no me extraña, está todo tan bonito y tan bien pensado para que se sientan intrigados y atraídos por el proyecto!
    Menos mal que la caja no es demasiado grande. De la curiosidad que tenían, casi se meten dentro y al ser una caja mágica, quién sabe qué ocurriría... 😉
    Enhorabuena por el proyecto. Estamos deseando participar!

    ResponderEliminar
  4. Qe emocionados e intrigados se ven todos con este proxecto . Qe alegria colleron o atopar a caixa maxica a saber o qe tiña dentro ... Noraboa profes polo novo proxecto .Estamos tan intrigados coma os nenos por saber o qe vai pasar mañan e dexesando participar 😊😊😊

    ResponderEliminar
  5. Novo proxecto e códigos QR??? Non me pode gustar máis!! ;)

    ResponderEliminar
  6. O igual que di Maria, noraboa o profesorado implicado neste intrigante proxecto.Que maravilla velos tan emocionados.Por suposto encantada de participar.Ademais de facer motivante a lectura introducides tecnoloxia.¡Fascinante!.Fantástico Rocío.

    ResponderEliminar
  7. Ohhh! Que ilusión ver o video dos nosos peques!!
    O proxecto paréceme marabilloso porque considero moi necesario traballar os sentimentos e emocións cos nen@s para desenrolar a súa intelixencia emocional xa que é moi importante. Por iso vos dou as GRAZAS!!!
    Xa me tardaba saber algunha cousiña porque levaba intrigada dende xuño...jaja. Empezamos!!!

    ResponderEliminar
  8. Alégrome que a intriga sexa conxunta!!! A verdade è que este proxecto pinta moi ben e os nenos/as amosan unha grande ilusión, polo q as aprendizaxes serán máis significativas todavía!
    Noelia,o vídeo ten algún q outro fallo, pero xa se sabe ...cousas do directo...jajaja.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Neste mundo de photoshop agradécese a naturalidade e realidade que brinda o directo!!! ;-) jajaja
      Está xenial!

      Eliminar
    2. Con nenos/as de estas idades xa se sabe...hai imprevistos e non pasa nada! Naturalidade ante todo! Que conste que a profe tamén ten que ir acostumándose aos imprevistos do directo...jajaja

      Eliminar