fondo

viernes, 23 de octubre de 2015

E seguimos traendo cousas! (4 anos)


Cántas cousas aportou Elena! 

Este conto de Pocoyó trata as emocións que sinte Pocoyó e os seus amigos: triste, rabioso, alegre, vergonzoso...

Este conto é moi instructivo en canto a valores. Todos os elefantes son grises, pero neste conto queren que as femias sexan rosas e para iso teñen que estar encerradas nun xardín comendo flores rosas, pero en realidade non lles gusta estar así, senten envexa dos machos ao velos correr, mollarse na auga...Un día deciden revelarse e despóxanse de toda a súa vestimenta rosa e da súa cor...acabouse comer flores rosas, agora toca facer o que fan todos os elefantes!



tamén nos trouxo unha peceira con peixes de cores, cunchas e algas e outra, que nos encantou, onde podemos apreciar o movementos das ondas do mar.

AINHOA: trouxo cunchas do mar e puidemos descubrir que dentro delas habitan seres vivos, non o sabíamos! Pensabamos que eran unha forma de adornar as praias (jajaja).
E xa que as nosas pulgas do conto nos dan pe a traballar as texturas, empregando o sentido do tacto, pois quixo traer un conto de texturas. Aínda temos que descubrir os outros catro sentidos que poseemos: o gusto, o olfato, o oído e a vista.


Con Martiño e Jaime descubrimos que hai unha forma de vernos por dentro...a través de radiografías! E con todas as que nos trouxeron visualizamos moitos ósos do noso corpo...e incluso un órgano: os pulmóns. Puidemos ver os ósos das pernas e brazos, a columna vertebral, o cráneo, a mandíbula, a pelvis, as costelas...Ademais Martiño trouxo un puzzle co cal démonos conta que dentro do noso corpo hai moitos órganos e que cada un ten unha función. Pouco a pouco iremos descubrindo para que serve algún deles.



BRENDA: insistiulle moito a súa nai porque tiña moitas ganas de facer aos personaxes dos nosos conto: o monstro de cores e as pulgas. Óllade o resultado...qué ben vos quedou!

Carla trouxo cousas relacionadas coa temática do mar: Un conto de pingüíns, o que nos permite traballar un pouco os animais que viven nos Polos e a dous dos seus peluches favoritos: Bob Esponja e o seu amigo o Polbo, que viven no fondo mariño. Qué gran esforzo eso de ter que deixalos no cole! (jaja)

Dani trouxo unhas enciclopedias coas que podemos descubrir moitos aspectos do corpo humano e das especies que viven no mar. E tamén un xogo de pesca que nos gustou moito e un boneco "sen roupa", para que visualicemos como é corpo humano, que non é igual o das nenas e o dos nenos!

GAEL, MATEO P. , UXÍA, PABLO, DANI E ADRIÁN REMUIÑÁN: aportaron moitos contos, puzzlles  do corpo humano e do fondo mariño e ata a película de Nemo! Cántas cousas imos aprender!!!









5 comentarios:

  1. Cantas cousas ! Qe contentos estan os nosos peqes amosando o qe levaron .Xogando aprenden un monton de cousas ainda eu mesma qedo sorprendida das cousas qe me di Dani sobre o corpo humano

    ResponderEliminar
  2. A mun encántame cer como aplican os seus coñecementos na vida diaria.Onte Martiño, veu a queixarse porque un neno déralle un golpe na columna vertebral...jaja.Qué bonito é traballar así!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Cada cousa co seu nome! Eso é falar con propiedade, si señor.jaja. Xenial!!!!

      Eliminar
  3. Cantas cousas preciosas aportan os nenos!! Que bonito esas caras de felicidade!!

    ResponderEliminar
  4. Jolín, esta forma de aprender é tan marabillosa que non podo estar máis contenta de que Lucía poida vivir esta experiencia nesta etapa. Que ben que involucredes ás familias porque estamos encantadas de participar... Somos peores que os nen@s ás veces!!jaja

    ResponderEliminar