Boas
familia!!!
Isto é un non parar de cousiñas marabillosas. Que currantes
sodes, que manitas e que gañas de participar amosades. Miles e miles de grazas.
Imos empezar polo traballo da confusión:
Elva: Trouxo un folio adxunto explicando o motivo da confusión e todo. Resulta que a nosa
Elva descubriu un día que dun ovo saía un pitiño e aquelo marabillouna. Tal foi
a súa sorpresa que logo ía ao galiñeiro a romper os ovos para que saíran os
pitiños. De aquí ven a súa confusión. Por que uns ovos teñen pitiño e outros
non?. Esperemos que este ano o poidas entender pequecha.
Alba:
Está tamén confusa, e por partida dobre.
Ela
foi a Cabárceno e quería ir ver aos animais pero a pobre estaba moi confundida
porque non sabía por onde tiña que ir.
Na outra
tamén está confundida, ao igual que a nai, segundo nos dixo ela. Queren ir á casa
da tía pero ningunha das dúas sabe ir. Jajajajajaja!!!!
Que simpática!!!!
Aportacións:
Ángel: trouxo un fantástico conto sobre o mar que estamos desexando ler.
Alba: veu cunha pecera e uns peixiños súper simpáticos que lles encantaron aos nen@s. Que maneira de moverse!!!
Alba: tamén aportou unha pecera con moitas caracoliñas que os nenas estaban desexando ver. Imos a coidalas moi ben!!!
Hugo: trouxo un fantástico adorno de animáis do mar feitos con goma-eva. E que decir do mural do corpo!!!!. Non lle falta detalle!!!. Menuda "manitas" ten Hugo na casa.
Manuel: aportou un fantástico conto sobre o corpo que nos deixou coa boca aberta. Ten de todo e explica todo súper claro. Canto nos rimos!!!!
Q bonito todo,simplemente por verlles as caras d emoción compensa pasar algún traballo!!!!!
ResponderEliminar¡Pero canto traballo!.Que bonito este proxecto. E sobre todo as mostras en vivo e directo (nunca mellor dito).jajaja. Magníficas aportacións.
ResponderEliminarque ben o pasan!!! o proximo proxecto vai ser ampliar a aula que a este paso vaiche quedar pequena!!!jaja. da gusto velos disfrutar tanto!!!!!!
ResponderEliminarÉ fermoso poder ver e enseñarlle a familia o que os nosos fillos fan o cole, o ben que o pasan, a cara de ilusión....e nos vídeos ver o cú inquieto que é ! jajajjajja gracias
ResponderEliminar